Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 164 A Canuda é un topónimo que non figura no Catastro de Ensenada (1752), pero si aparece no ano 1846 no Libro de afanegados como nome de propiedades de tres veciños da Cruz. Foron rexistradas en concreto como «a Canuda o Carrexona», o que as sitúa no inicio do camiño, posto que A Carrexona é un topónimo que segue vivo e loca- lizado nese lugar na actualidade. Carballal, O Derivado de carballo mediante o sufixo – al , procedente do latín – ale , común na formación de colectivos. Un carballal é, polo tanto, un lugar poboado de carballos. O carballo ( Quercus robur ) é sen dúbida a árbore máis emblemática de Galicia, onde non só a botánica senón a lingüística nos confirman que está presente dende hai moitos séculos. De feito, aín- da que hai discusión sobre o estrato lingüístico exacto ao que pertence, carballo é, en todo caso, unha voz de orixe prerromana, que sobreviviu á denominación latina robur que derivou, por exemplo, no castelán roble , e que no caso do galego se imporía para nomear outro dos carballos pre- sentes na nosa terra; o rebolo (tamén chamado carballo cerquiño). Hoxe en día considerado maioritariamente barrio, malia que hai quen o segue a interpretar como parte do barrio do Outeiro. Localízase aproximadamente no centro físico da parroquia, lixeiramente despra- zado ao oeste, e abrangue os lugares de Regueiriños, A Pedrosa, A Penseira e Cerdeiró. A mediados do século dezaoito era xa un núcleo destacado de poboación, contando con trece vivendas rexistradas no Catastro da Ensenada , tantas como o Mosteiro e só superados polo San Cibrán que contaba con quince. Cardadeira, A Posiblemente, derivado do verbo cardar ‘peitear cun cepillo unha materia téxtil antes de fiala’. Quizais aplicado a lugares onde se reali- zaba a función de cardar a la ou a persoas dedicadas a esa actividade. En Bembrive designa o terreo de monte situado entre o colexio «Las Acacias» e a avenida de Madrid onde atopamos dúas naves construídas (a situada máis ao norte pertencente xa á parroquia de Lavadores) e que ao sur testan coa Pomba. Non queda xa ningún rastro físico do que foi A Casa da Cardadeira , situada a uns oitenta metros en dirección suroes-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==