Toponimia do Val do Fragoso
163 A Terra Cañoteira, A Derivado do feminino cañota ‘parte do talo que queda pegada á raíz despois de cortar unha árbore’. É unha palabra de etimoloxía pouco clara. Postúlase que podería pertencer á familia léxica de canna . Neste caso, a presenza da nasal palatal –ñ–, documentada xa en atestacións medievais, como un texto notarial de 1486 en que se pode ler «a me- tade de erdade de Cobas, que chaman a Cañota, por este ano e non mays» 52 , explicaríase a partir dun derivado con iode cannea– (*Can- neotta, *caniotta). Non obstante, non se pode descartar outra orixe. Campos dentro da masa arborada que cobre a ladeira que se es- tende aos pés do Lugar dos Portugueses , nos Chans. Se baixamos polo sendeiro que parte da rúa da Chan case fronte á pista de subida a unha das casas da dos Portugueses, chegaremos á leira coñecida como A Cañoteira, pegada ao rego que baixa pola antiga Perrera de Arriba , que queda case aos seus pés. A Cañoteira son as leiras ao final do camiño de Esparramán, che- gando á presa do mesmo nome. Aos seus pés están Os Campos do Eido. Dentro da Cañoteira temos A Cañoteira Grande , dez metros antes da presa ou A Cañoteira Pequena . A Presa Cañoteira é a primeira das pre- sas que atoparemos no rego da Cañoteira, uns dez metros por riba da (–>) Presa da Pradeira. Canuda, O Camiño da Probablemente derivado de cana mediante o sufixo – uda (lat. – uta ), faría referencia, polo tanto, a un lugar onde abundaban estas plantas. Aínda que tamén podería tratarse do feminino de canudo , que se co- rresponde co castelán canuto , e designa un tubo ou conduto curto que se emprega, por exemplo, para canalizar a auga. O Camiño da Canuda sobe dende O Carballal cara á Chan, chamado agora Subida Chans e que, cando menos, debería ser subida á Chan. Este camiño foi amplia- do no ano 1951 para enlazalo co camiño de Xestoso. 52 Ferro Couselo, X. (ed.) (1967): A vida e a fala dos devanceiros . Escolma de documentos en galego dos séculos xiii ao xvi . 2 vols. Vigo: Galaxia. Documento notarial Vertolameu Peres «clérigo e notario en no dito couto e con términos sobreditos» Arnoia-Ou.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==