Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 162 a súa fachada cunha viña. Como o seu nome indica, a vivenda alber- gou unha escola que estivo funcionando a mediados do século pasado. Candea, A Provén do latín candela ‘lume’, derivado de candere ‘arder’, polo que na toponimia faría referencia probablemente a lugares onde se recollía material para queimar ou alumear: garabullos, piñas e pluma dos piñei- ros etc. Candea , ademais do obxecto de cera empregado para alumear é tamén o nome que se lle da á inflorescencia en forma de espiga do castiñeiro, bidueiro, millo etc. Fracción de terra comprendida entre o río da Candea e O Monte do Crasto de Xestoso, aínda que fisicamente A Candea vén sendo en reali- dade o nome que toma a aba oeste do devandito monte. Abrangue te- rras de labor, situadas entre o río e o camiño do mesmo nome, dedica- das na actualidade fundamentalmente a pasto para cabalos, e por riba do camiño coutadas. Ao norte estrema co camiño da Regada e ao sur enténdese que remata onde se cruzan o camiño e o río da Candea. O topónimo A Candea aparece xa no Catastro de Ensenada . O Camiño da Candea parte do camiño da Regada e discorre paralelo ao río da Can- dea, aproximadamente uns 60 metros por riba del, ata o punto onde o cruza para, seguindo en dirección suroeste, saír ao Camiño do Monte (agora Camiño da Área de Lecer), por debaixo da escola da Chan (CEIP Chans). Hai outro tramo chamado Camiño da Candea que parte da rúa da Chan e leva, pasando por diante da antiga escola da Chan, ao Lava- douro da Candea . Enténdese que antigamente o camiño cruzaría o río para unirse co anterior. Este lavadoiro está situado na marxe esquerda do río da Candea e chégase a el entrando dende a rúa da Chan polo camiño da Candea. A escasos cinco metros augas abaixo do Lavadouro da Candea, atopábase A Metida da Candea , o punto onde as augas do río se partían , desviábanse para unha zona ou outra da parroquia se- gundo corresponderan as quendas de rego. O Río da Candea é o nome que toma o curso fluvial que nace no Pouso como Rego de Pontecela ao seu paso pola Candea, onde bordea toda a cara oeste do Crasto e marca estrema entre os barrios de Xestoso, ao leste, e A Chan ao oeste.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==