Toponimia do Val do Fragoso

161 A Terra co que xa son as coutadas do Gancho. Ao final do sendeiro temos A Presa da Veiga. Xa no Catastro de Ensenada aparece este topónimo, que volveremos atopar profusamente no Libro de afanegados , ligado case sempre a propietarias e propietarios pertencentes a Xestoso, O Pouso ou A Regada. As coutadas por riba da Presa do Cabazo, onde na actualidade medran sobre todo as coñecidas na zona como acacias de pico, tamén son chamadas O Cabazo . Na esquina nordeste das leiras do Cabazo está A Presa do Cabazo , pequena presa terreña. Canas, As Procedente do latín canna , o substantivo cana pode facer referencia a unha planta gramínea semellante ao carrizo (Phragmites australis) e que habita en lugares húmidos (Arundo donax) ou ben, de xeito xe- nérico, ao talo de calquera gramínea, que se caracteriza por ser oco, cilíndrico e ter nós. Debemos considerar que na toponimia moitos de- rivados de cana non teñen unha orixe fitonímica, senón que correspon- den a outros campos semánticos da mesma familia léxica, pero alusi- vos maioritariamente aos conceptos de ‘conduto’ ou ‘cilíndrico’ que en moitos casos fan referencia a conducións de auga, podendo confluír con derivados de canale . As Canas xa non pertence a Bembrive, pero incluímolo pola proxi- midade e por ser lugar de paso obrigado para dirixirse a Vigo, sobre todo para a veciñanza do Castelo. Hoxe en día está dentro dos límites de Lavadores, pero sempre se considerou parte de Sárdoma. É o núcleo de casas e terras ao redor do tramo final da chamada rúa Paz Pardo , por debaixo da avenida Alcalde de Lavadores, case ata a avenida de Ma- drid. A agora rúa Paz Pardo, denominábase antes O Camiño das Canas coñecida máis arriba como o camiño da Gandariña, prolongación da Baixada ao Castelo. Como recollemos noutros apartados, corresponde- ría ao Camiño Real do Porriño a Vigo. Algunha veciña lémbrao de cha- pacuña e dise que a partir das Canas o camiño continuaba polo Raviso de Sárdoma, San Roque, actual praza de España e baixaba por onde se situa a actual Casa do Concello e O Picacho ata o mar. Baixando polo camiño das Canas, a última casa á man dereita, antes de chegar á confluencia coa vía que vén dende o Alcampo cruzando por debaixo a avenida de Madrid, é A Escola das Canas , agora abandonada e cuberta

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==