Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 160 Ao igual que en casos anteriores, son moi numerosos os topónimos compostos con este vocábulo coma O Monte da Bouzafría, coutadas situadas do outro lado do río da Bouzafría; O Camiño da Bouzafría, estrada que sobe de Cerdeiró ao San Cibrán. Antigamente hai quen co- ñecía o tramo que vai dos Carboeiros ata o lugar dos Caravillas como Camiño da Fonte do Seixo , mentres a veciñanza do San Cibrán se re- fería a ese tramo como A Parrovella («Vou pola Parrovella abaixo»), posto que son as leiras que quedan ao carón. A Presa da Bouzafría, con forma triangular, feita agora de cemento e ben conservada, que atopa- mos baixando pola Quiringosta, tomando á man dereita unha vez que chegamos á Loureira. Anexo a esta temos O Lavadouro da Bouzafría. No Río da Bouzafría (río de Eifonso), xusto por riba da fervenza aos pés da cal se atopa o Muíño do Buraco, temos O Muíño da Bouzafría, hoxe totalmente arruado , consérvase en pé tan só o inferno. Por riba deste muíño existían unhas pedras empregadas para cruzar o río, chamadas A Ponte da Bouzafría , que foron substituídas logo por unha lousa e unha ponte que levou unha enchente. De todos os xeitos, o paso sem- pre foi fácil posto que neste punto o río non levaba nin leva moita auga. Cabazo, O Froito da cabaza ou cabaceira , planta da familia das cucurbitáceas á que pertencen tamén o cogombro, o melón ou a sandía. Procede do latín hispánico calapatia , calapatiu . Son palabras de orixe descoñecida, prerromana (Corominas, vol. I: 745). O nome de cabazo ou cabaceiro emprégase tamén nalgúns lugares de Galicia, tal como recolle Eladio Rodríguez no Dicionario enciclopédico gallego–castellano (1958–1961, en DdD, s.v.) para referirse aos hórreos, coñecidos na nosa zona como canastros , especialmente os de pequeno tamaño e feitos de varas e es- tacas entretecidas e cubertos de palla, ou a unha ‘medida para líquidos, xeralmente para viños, que equivale a unha cántara, e se emprega en varias zonas produtoras de viño da provincia de Ourense’. Terras de labor situadas ao nacente do lugar do Paso, en Xestoso. Subindo polo camiño do Paso tomamos a bifurcación á dereita e, an- dados uns quince metros, entramos polo camiño que aparece á nosa esquerda. Subindo por el temos á man dereita A Veiga e á esquerda, logo de pasar unha tiriña que é O Outón, O Cabazo . Limita polo norte cun pequeno desnivel polo que discorre outro camiño e ao noroeste

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==