Toponimia do Val do Fragoso
159 A Terra pola vexetación. Situada a carón deste está A Fonte das Amieiras. Unha vez feita a avenida de Madrid, e grazas á iniciativa veciñal, encanáronse parte das augas que nacían nesa zona e leváronse á fonte de tres canos que está no lateral da avenida, no final do ramal da estrada de Bembrive que baixa dende a rotonda de Fionde cara ao norte e morre neste punto, uns metros máis abaixo da entrada ao colexio do Mosteiro. Agora é esta fonte a que aparece rexistrada oficialmente como Fonte das Amieiras. A Presa das Amieiras atopámola no punto onde o sendeiro que sae á man dereita da rúa de Segade chega ao rego. Dela regaban algunhas leiras da Amieira pero tamén Os Troncales. Había dúas presas máis coñecidas como das Amieiras, aínda que tamén hai quen as coñecía como (–>) As Presas do Pachín. Estaban cara ao nordeste, do outro lado da avenida de Madrid. Hoxe en día están cubertas de vexetación, pero aínda se pode distinguir a súa presenza na paisaxe. Destas Presas da Amieira regaba A Amieira. No caso do nome do camiño, a fonte, o lavadoiro e as presas emprégase practicamente sempre o plural. Bouzafría, A O substantivo común bouza designa, en xeral, un terreo inculto po- boado de mato. É un termo moi presente na toponimia galega e conta con máis de cen entradas no Nomenclátor , tanto da forma en solitario, como acompañada por un complemento preposicional ou simplemen- te adxectivada, como ocorre no caso de Bembrive, onde aparece mo- dificada polo adxectivo fría . A palabra bouza , de orixe prerromana, ten presenza en todo o norte peninsular; fóra da área galego–portuguesa coa forma boza (en portugués bouça ). Trátase do lugar situado máis ao norte do barrio do San Cibrán; come- za onde As Pereiriñas testan co Carballal e esténdese ata o cruzamento dos Chans, onde entramos no Lugar do San Cibrán. Aos pés dos seus campos, por poñente, discorre o río de Eifonso ou río da Bouzafría. Cru- zándoo, temos o monte da Bouzafría. En moitos casos prescíndese na fala do artigo, pero o feito de que haxa falantes que o empreguen e que apareza xa nalgúns dos topónimos que figuran no Catastro de Ensenada , indícanos que a forma correcta e tradicional é A Bouzafría 51 . 51 Aínda que é topónimo composto por dous elementos claramente recoñecibles, a tradición escrita lévanos a optar pola forma A Bouzafría (xunto).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==