Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 158 Dentro das Amieiras, como é habitual, cada propiedade tiña o seu nome, e así temos por exemplo A Amieira do Carreiro , situada na altu- ra da Fonte da Amieira, pegada á avenida, ou A Amieira da Banés 50 , do outro lado. Unha vez máis temos a alternancia entre singular e plural para nomear cada leira individual ou o conxunto delas. Coida unha ve- ciña que na escritura dunha terra pertencente ás Amieiras é Amieirales o topónimo que aparece escrito. Non resultaría estraño, posto que no Libro de afanegados xa aparece algunha propiedade chamada «Amiei- ral de Recaré», pero a realidade é que o topónimo Amieira é moito máis frecuente e non só neste documento, senón tamén no Catastro de Ensenada , en que figura case sempre asociado a veciñas e veciños de Baruxáns ou As Ferreiras, o que nos indica que moi probablemente se corresponden coas actuais. O Camiño das Amieiras parte da Subida á Mouteira, xusto fronte á rúa de Mandín, pero en dirección oposta, cara a poñente, polos pés do Monte do Calvario. Antigamente ía ata O Lavadouro das Amieiras, pero a construción da avenida de Madrid fixo desaparecer esta conexión, que- dando como camiño de acceso ao pequeno núcleo de vivendas que hai neste lugar. Hoxe en día, e dende hai uns vinte anos, na placa colocada no inicio do camiño lese Camiño Cemieiras , obviamente un erro que quizais pretendía corrixir o que, ao escoitar a pronuncia das Amieiras pensou que era seseo, ou quizais simplemente un problema de mala escrita. En todo caso, o grave é que antes de instalarse esta placa había outra co nome correcto. O cambio produciuse hai non moitos anos, des- pois de que un veciño do lugar fose realizar uns trámites ao concello e lle dixesen que o enderezo que el lles daba non figuraba nos planos, é dicir non había ningún camiño das Amieiras senón un Camiño das Cemieiras. Como el explicou que ese foi sempre o nome do camiño, e que mesmo había unha placa que o recollía, dende o concello decidiron naquel mo- mento solucionar a incongruencia mudando a placa en lugar dos planos. Á esquerda da avenida de Madrid (en dirección ao Porriño), temos que entrar polo sendeiro que sae á man dereita da rúa de Segade uns sesenta metros arriba do seu comezo e seguir ata atopar un rego para un pouco máis arriba localizar O Lavadouro das Amieiras, oculto en parte 50 Descoñecemos a orixe do alcume da propietaria presente neste topónimo. Podería tratarse quizais de A Habanesa con relaxación da vogal final ( cf. Peniza/Penís).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==