Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 14 5. Na ortografía, búscase a congruencia coas grafías históricas do galego común. Porén, nos casos en que a grafía dun topóni- mo, tal como se vén usando, adoptou unha forma arbitraria non coincidente coa histórica, respéctase se non ocorreu por castela- nismo, como sucede no caso de Brea por Vrea (do latín vereda ). 6. Cando para unha entidade de poboación xa non vive na fala actual máis que a súa denominación deturpada e non se achan documentos históricos sobre a variante lexítima, regaleguízase o nome conforme á forma correspondente do galego estándar. Porén, na microtoponimia se hai castelanismos arraigados adoi- tan deixarse. Ademais disto: — — Respecto aos nomes compostos como A Fonte Seca , sempre que os elementos que os conforman sexan identificables, non afecte á pronunciación real e non exista tradición escrita que o contra- diga, optamos por escribilos separados. Porén, se algunha das formas é opaca, escribímolos xuntos. — — Cando existe para o mesmo topónimo a forma singular e plu- ral ( A Castiñeira / As Castiñeiras ) optamos polo singular, posto que polo regular é a forma tradicional. A aparición do plural nestes casos débese a que cando nunha área coñecida por un topónimo hai varias propiedades, cada propietario acaba usan- do o nome en singular para a súa propiedade, supoñendo que ao conxunto lle corresponde a forma en plural. Fórmanse, polo tanto, plurais secundarios. Con todo, se no proceso de recollida non se documentou ningún caso de uso do singular, déixase o plural como forma actual do topónimo.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==