Toponimia do Val do Fragoso

157 A Terra Ameixeiras, As Ameixeira é un derivado de ameixa , e este do latín damascena . É a árbore que ten por nome científico Prunus damascena e por froito a ameixa , do xentilicio latino damascena ‘oriúnda de Damasco’. Conxunto de terras de labor situadas por debaixo do Camiño das Ameixeiras , pista asfaltada que atoparemos á man esquerda despois de subir polo camiño dos Freires, pasado o desvío ao Xalón, e que leva a unha casa e aos campos das Ameixiras. Por debaixo das Ameixeiras , cara ao poñente está O Lodeiro, e ao norte case testan con Peizás. Ao leste, ao outro lado do camiño, temos os lugares das casas que dan á rúa de Xestoso. Aparece xa este topónimo no Libro de afanegados . Amieira, A / Amieiras, As O feminino amieira é tamén un colectivo aínda que, novamente, a presenza do sufixo formador de plural – s no topónimo As Amieiras nos indica que xa se perdeu esa connotación de abundancial implícita no propio termo. En Segade A Amieira son as terras barxentas que temos á man es- querda da avenida de Madrid, indo en dirección ao Porriño, a partir da saída 666 ata uns catrocentos metros máis adiante, cando o trazado da pronunciada curva que aquí describe a estrada cambia de dirección, e As Amieiras deixan paso aos Tisoureiros, situados a maior altura. Ta- mén forma parte das Amieiras a extensa chaira que neste punto temos á man dereita. A Amieira, ou As Amieiras , como se adoitan nomear, son as terras situadas nas marxes do rego que ten os seus dous nacentes por debaixo do punto final do mal chamado Camiño Cemieiras , por unha banda, e o remate do camiño das Castiñeiras, pola outra, que se unen para baixar en dirección suroeste, posiblemente ata Fionde, aínda que hoxe en día o seu curso está cortado pola avenida de Madrid. Son terras moi húmidas, que se anegan con facilidade e cubertas na actualidade na marxe dereita da avenida por herbáceas, cuns núcleos de vexetación de ribeira arredor da cabeceira dos regos, e por vexetación arbustiva e arbórea, tamén de ribeira, na marxe esquerda, espallada entre algúns campos aínda cultivados con millo ou viña.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==