Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 156 zas. Con todo, no Catastro de Ensenada «O Cortiñelo» e «O Ameal» aparecen como topónimos xa consolidados cunha frecuencia similar e no Libro de afanegados en ningún caso se empregan como topónimos equivalentes, o que si ocorre no caso de «Ameal o Campiño». En canto ás formas singular e plural emprégase en xeral, como xa temos explicado, a primeira para falar de cada unha das leiras en parti- cular e o plural Os Ameales para referirse ao conxunto. Vocábulo tamén moi produtivo na formación de topónimos com- postos. A primeira das leiras que atopamos á man esquerda ao entrar na rúa da Senra dende o camiño da Canuda, co que estrema en toda a súa cara norte é O Ameal Grande. E ao outro lado da rúa da Senra temos O Ameal Pequeno , campo de millo onde remata o camiño de servizo que sae dende O Lavadouro dos Ameales, nome polo que algunha per- soa coñece o tamén chamado (–>) Lavadouro de Larín. Atópase, polo tanto, case aos pés da primeira das catro casas do Cortiñelo, xusto por riba do rego que baixa á presa de Regueiriños. O Enxido dos Ameales é o eixido pegado á cara de poñente da única casa que existe na marxe esquerda do camiño da Canuda fronte ao Ameal Grande. Aínda que moitas delas están xa secas, destaca a gran cantidade de árbores froi- teiras que alberga. Atopamos A Presa dos Ameales, pequena presa terreña, entrando polo Camiño dos Ameales (oficialmente nomeado Camiño dos Amiei- rais , nome non recoñecido como propio pola veciñanza, que emprega a forma Ameales ) á man esquerda, a uns trinta metros do comezo, aos pés dunha figueira. Tamén hai quen lle chama A Presa dos Ameales á (–>) Presa de Larín , xa que ademais a auga que a enche vén das terras situadas por riba dela pertencentes ao Ameal. Ameirales, Os Outro derivado de amieiro, neste caso en – ale con dobre sufixación – ariu + – ale é ameiral , que aquí aparece, ao igual que no caso anterior, cunha forma redundante de plural. Baixando polo camiño de Peizás dende A Viña Grande, as terras de labor que temos ao chegar a baixo á man esquerda son Os Ameirales . Á dereita temos Os Campos do Julio, xa edificados, e de fronte A Puga. Polos seus pés (ao sur) baixa un rego que vén da Presa dos Ameirales ou Presa de Peizás (–> Peizás) e vai á Presa da Puga.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==