Toponimia do Val do Fragoso

155 A Terra que un fitotopónimo pódenos estar indicando: que unha especie foi moi abundante nun determinado lugar, ou simplemente que nesa zona foi obxecto de aproveitamento polo ser humano cobrando especial re- levancia, aínda que tamén pode facer referencia a certos tipos de for- macións vexetais (por exemplo Bouza) ou mesmo a elementos de orixe vexetal como galleiros ou garabullos . Abeleiral, O Do latín abellanariale , un abeleiral (ou abeledo) é un lugar poboado de abeleiras , nome común do Corylus avellana , arbusto que dá como froito a abelá. Coutada situada pasada a Capela do San Cibrán cara a Beade, na primeira curva á man dereita. Ameal, O / Ameales, Os Amieiro é o nome común en galego do Alnus glutinosa , árbore pro- pia de lugares húmidos e integrante fundamental da vexetación de ri- beira, de folla similar á abeleira pero con remate en forma de corazón en lugar de en punta. Ademais deste nome, que é o empregado no Val de Fragoso, recibe outros como o de ameneiro ou abeneiro . Ameal (que correspondería a un étimo amenale ou aminale ) é un abundancial de amieiro e infórmanos de estarmos nun lugar poboado destas árbores, representando a forma ameales unha redundancia nesta connotación de plural. No Carballal, identifica todas as terras de labor, a maioría delas aín- da cultivadas na actualidade, situadas entre a rúa da Senra ao oeste e as coutadas da Remesiña ao leste. Ao sur estreman co Cortiñelo e por riba del coa Loria, e ao norte co camiño da Canuda. Pero tamén son O Ameal as leiras situadas por detrás da franxa de casas que temos á man dereita da rúa da Senra, aínda que se di que as propias vivendas pertencen ao Cortiñelo. Poderiamos pensar que todas as terras que se estendían aos pés da Remesiña, quizais ata chegar por poñente á La- goa de Regueiriños nesta franxa entre o camiño da Canuda ao norte e A Senra ao sur fosen coñecidas como O Ameal, dentro do cal existían cortiñelos que se acabaron fixando como topónimo, polo que hoxe en día atopamos estes topónimos mesturados a modo de crebacabe-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==