Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 154 palabra que se conserva hoxe en día en éuscaro. De feito, as veigas son os terreos baixos, amplos e fértiles, situados xeralmente ás beiras dun río. Veiga é un elemento moi común na toponimia galega; máis de cento cincuenta núcleos de poboación lévano no seu nome. A Veiga son os terreos no fondo de Paio, aos pés das Pitisas, por debaixo dos que pasa o camiño do Xalón, que vai dar ao río. En Xestoso son as leiras que teñen por riba A Presa da Veiga . Adói- tase empregar o plural secundario As Veigas . A esta presa terreña con dous canos que foi parcialmente desfeita a finais do ano 2013, chega- mos subindo polo camiño do Paso; ao chegar á encrucillada tomamos o camiño á man dereita e xiramos de seguido á esquerda, entrando polo sendeiro que pasa entre O Outón e A Veiga. Veiguiña, A Trátase do diminutivo de veiga e identifica os eidos por debaixo da Perrera de Abaixo, contra a Costa das Cunchadas. Por eles baixaba o rego que vén das Presas das Cunchadas. O feito de ser varias leiras fai que se empregue tamén o plural As Veiguiñas . Xardín, O Segundo Navaza, que recolle este topónimo na súa fitotoponimia, o galego xardín sería unha voz tomada do francés jardin que á súa vez é diminutivo romance do francés antigo jart ‘horto’, procedente do frán- cico * gard ‘sebe’. Polo tanto, na orixe do topónimo Xardín atópase en certos casos este significado de ‘horto’ e non o de ‘terreo onde se cul- tivan árbores e plantas ornamentais’ que manexamos na actualidade. Trátase dun terreo de monte situado por riba da Casa de Augas, en di- rección á Fraga. É topónimo moderno, xa que non aparece no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados , polo que é posible que non na- cese co significado orixinario, senón co moderno de xardín , ou ben que no momento en que se elaborou o catastro non fose propiedade privada. FITOTOPÓNIMOS Os fitotopónimos son os topónimos relacionados co mundo da bo- tánica. Aluden, polo tanto, a nomes de plantas, árbores etc., de xeito
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==