Toponimia do Val do Fragoso
153 A Terra afanegados , en que figura «o Suco en Gestoso», «O Suco de Abajo» ou «Campo de Abajo o Suco». Valadiñas, As Diminutivo de valada, aínda que na toponimia oficial actual atope- mos a forma errada * As Baladiñas, a grafía correcta etimoloxicamente é con v– , polo que será o camiño das Valadiñas. En plural, As Valadiñas no San Cibrán abranguen o territorio entre O Ripanso e A Casa de Augas, debaixo da que se atopan Os Campos das Valadiñas . Aínda que na actualidade toda esta zona de monte está sen traballar, no pasado había campos onde se cultivou millo, centeo, pa- tacas etc. No Catastro de Ensenada aparece xa o topónimo, aínda que coa forma singular «A Valadiña» e só en dous dos sete casos aparece grafado con b – («A Baladiña» e «Cocho de Baladiñas»). Valados, Os Valado procede do latín vallutu , participio do verbo vallare ‘pechar con estacada, fortificar’. Enténdese por valado a construción vertical, non moi alta (de pedra, arame, terróns ou outro material), coa que se pecha ou delimita un espazo, designándose esa propiedade cercada como valada. Hoxe en día falantes da zona entenden por valado un desnivel que separa un terreo doutro (ou dun camiño) que está nunha altura inferior. Entrando dende O Calvario para Os Freires pola rúa de Mandín, son os campos situados á man dereita. Neste caso, no Catastro de Ensenada só aparece nunha ocasión «Valados» e en dúas como «Balados». Pero case cen anos despois, no Libro de afanegados , xa só figura a forma con b– . Unha desas citas aparece como «Balados o Polón» e noutra «Balados o Mandín», coincidindo polo tanto coa localización actual do topónimo. Veiga, A É voz de orixe prerromana, común ao galego, castelán e portugués. Procedería quizais, segundo apunta Corominas (1980–1992, vol. V: 753), dun termo baika ‘terreo regable e ás veces inundado’, de ibai ‘río’,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==