Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 152 máis común no Libro de afanegados ), o que confirma que Paradeira é unha forma secundaria. Soeido, O De so –, preposición, do latín sub ‘ debaixo de’ e eido . A denomina- ción dun terreo pola súa localización baixo o eido rematou fixándose como topónimo, aínda que o eido ao que facía referencia non se man- tivo na toponimia. No San Cibrán son as terras de labor, agora sen traballar, e viñas situadas no final do Camiño do Soeido á beira do río. Este camiño lé- vanos ó Soeido e localízase á man dereita na rúa do San Cibrán, uns oitenta metros máis adiante do camiño de Sospalleiros, en dirección á capela. Altérnase na fala coa forma O Soeiro , posiblemente por interfe- rencia co apelido Sueiro . Aparece no Catastro de Ensenada o topónimo «Sueido» e «El Cam- po de Sueido» e no Libro de afanegados «Sueido» e «labradío de Suei- do», que moi posiblemente se corresponden co Soeido actual. Suco, O Do latín sulcu ‘rego que abre o arado’. O – l no final de sílaba voca- lizou en – u e ao confundirse co anterior acabou perdéndose, desapari- ción que non se deu no castelán surco , onde o – l rotou en – r . No No- menclátor de Galicia non aparece este topónimo coa categoría de lugar nin como nome de entidades de poboación superiores. Porén, Rivas rexístrao como nome dun conxunto de predios antigamente cultivados na Moreira, Marín (Os Sucos) e no PTG podemos atopalo como nome de diferentes terras de labor, sobre todo nas provincias de Pontevedra e A Coruña. Aínda que ‘fenda que se fai na terra co arado, legoña etc’ é un dos significados de suco , o máis empregado na nosa contorna é o de ‘pequena porción de terra dedicada ao cultivo de ervellas, fabas ou cultivos similares’, significado que aparece no apéndice ao dicionario de Eladio Rodríguez, recollido na veciña parroquia de Sárdoma. En Xestoso, O Suco son un conxunto de leiras situadas aos pés (di- rección sur) do Sobreiro, que nos quedan á man esquerda cando entra- mos polo camiño que leva á presa do Cocho da Fonte. No Catastro de Ensenada non aparece ningunha propiedade con este nome, pero si en
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==