Toponimia do Val do Fragoso
151 A Terra Miraflores por debaixo da presa do Cocho do Muíño. Adóitase empregar tamén o plural Os Poulos, que tamén localizamos en Xestoso, por riba da coutada do Gancho. Agora non se aprecia a diferenza co monte que os circunda. A aparición do topónimo Poulo deuse en Bembrive despois da segunda metade do século dezaoito, xa que non aparece no Catastro de Ensenada , pero si no Libro de afanegados , en que atopamos «campo do poulo», presumiblemente en Freires, «o poulo de baladiña» «o poulo da regueira» «poulo de campo grande o trigueira» e incluso «a pouleira». O Polón parece ser unha castelanización de poulón, ou simplemen- te unha redución do ditongo da sílaba pretónica). Son as leiras por riba do camiño de Novelos, ata a rúa de Mandín, que se estenden aproxi- madamente dende A Volta do Popó, fronte aos Carreiros, ata o rego que baixa da Presa do Estripeiral. Aparece con artigo tanto no Catastro de Ensenada como no Libro de afanegados . Neste último atopamos ade- mais a dobre denominación: «a cancela o polon», «polon o mandin» e «nobelos o polon» que nos indican a súa situación. Pradeira, A O substantivo común pradeira é un derivado do latín pratu ‘prado’, co sufixo – eira (lat. – aria ) , mais nos substantivos en que está presente conflúe na súa forma co resultado do latín platanaria , que fai referencia á árbore chamada pradeiro ou pradairo , polo que só a documentación antiga, en cada caso, pode ilustrar sobre a auténtica orixe do topónimo. No Carballal son os campos, agora case ningún traballado, pero aproveitados con algunha viña, e as coutadas que quedan por de- baixo da costa das Cunchadas, fronte á antiga Perrera de Arriba . Pola marxe sur da antiga Perrera de Arriba, no rego que baixa, sitúase A Presa da Pradeira, poucos metros por riba da costa das Cunchadas. Uns dez metros augas arriba do rego que a alimenta está A Presa da Pradeira de Arriba , máis coñecida como A Presa Cañoteira , por ato- parse na Cañoteira. Alternan na fala, case exclusivamente para refe- rirse á presa e non ao terreo, as formas A Presa da Pradeira e A Presa (da) Paradeira . Este fenómeno, consistente na adición dunha vogal dentro dun grupo de consoantes cando unha delas é líquida ou nasal, coñécese como anaptixe. Na documentación antiga só aparece «A Pradeira» (maioritaria no Catastro de Ensenada ) ou «Pradeiras» (forma
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==