Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 150 unha semente máis gorda, tanto que, «se era boa, era como centeo» e en lugar de nos poulos, cultivábase nos campos. A medida que se re- collía a herba dos poulos, formando feixes ou molles (aínda que tamén había quen a apañaba e ía botando no cesto en que logo a transporta- ba), repelábase para quitar a semente e garantir así o cultivo da seguinte tempada. Había ocasións en que a necesidade de alimentar o gado im- pedía deixar herba para semente. Nese caso, dependíase do mercado 49 para obter a semente ou ben dalgunha veciña ou veciño que puidese ter excedentes. Nas casas onde había esterco suficiente, algo pouco habitual xa que se destinaba preferentemente aos cultivos de millo e patacas, estercábanse tamén os poulos, sendo precisamente o inverno o momento en que se estendía o que se fora acumulando en pilas . Na actualidade a acepción máis estendida de poulo é a de ‘terreo sen cultivar poboado por maleza, arbustos e pequenas árbores’. Fálase deste xeito de que un terreo «está a poulo», como sinónimo de «estar a monte» ou «a bravo». Este cambio na frecuencia do uso dun ou outro significado simplemente reflicte a modificación producida nos últimos tempos nos usos do solo. Existen tamén na toponimia as formas feminina Poula ou a derivada Pouleira , que teñen maior presenza, por exemplo, na veciña parroquia de Beade. O Poulo pertence ás Barxas de Beade. Terreos situados na marxe esquerda do río de Eifonso, aquí río de Xeme, uns metros augas abaixo do muíño do mesmo nome. Hoxe en día xa non son poulos, senón que están integrados no bosque de ribeira. No Carballal son os terreos por riba da presa de Regueiriños, de feito, a entrada a eles está a carón da poza, polo lado da Lagoa. Eran poulos que logo pasaron a ser traballados e na actualidade albergan unha casa. No punto onde o camiño de Xalón cruza o río do mesmo nome, uns metros augas abaixo do muíño de Paio de Abaixo estaba O Poulo, terreos que non están aproveitados na actualidade. Situados por debaixo das Pugas, aos seus pés cara, poñente O Poulo son as terras, chairas e bañadas polos regos que baixan das Pugas, que atopamos á man dereita ao final do camiño que entra dende a subida a 49 Dúas informantes lembran Zamáns como o lugar onde se ía mercar a semente da «herba castellana». Unha delas lémbrao tamén como lugar de referencia para ir mercar a semente de xoio ( Lolium multiflorum ), outra das herbáceas cultivadas nos capos da parroquia, «A Farrapeira», que cre lembrar se atoparía en Ponteareas.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==