Toponimia do Val do Fragoso

149 A Terra baixa cara ao Carballal, e ao oeste por outro camiño que as separa do Castiñeiro. Ao leste testan coa última casa do lugar. Tamén se identifican con este topónimo as terras, parte delas aínda traballadas, que temos á man dereita da rúa da Cruz, pasando a da Pi- toqueira, en dirección ao Carballal. No Mosteiro son as terras, algunhas delas aínda cultivadas, outras con viñas e algunha a poulo, que temos á man esquerda cando entra- mos no camiño de Novelos (subindo dende O Mosteiro), logo de pasar a curva onde se atopa unha casa. Testan por poñente co Piñeiro, ao norte cos Valados e a continuación delas, cara ao nacente, atoparemos o Polón. As Leiras (Xestoso) son tres ou catro tiras de terra, agora a monte, situadas a partir da Presa da Veiga cara ao sur e as coutadas que es- tán por riba delas. Unha vez máis, a existencia de varias parcelas que compartían un mesmo topónimo ( A Leira ), leva ao emprego do plural para referirse ao conxunto delas, única forma recollida hoxe en día. Por riba destas localízase A Presa das Leiras e dela partíase a auga para os campos da Regada, as propias Leiras e Casaldares. É coñecida tamén como (–>) A Presa do Pumar. A Leira Longa no Carballal, hoxe en día cultivada, alongada en di- rección norte–sur, sitúase ao poñente do Cocho Pasal, xusto por riba dos Poulos do Sorrego, dos que a separa un valado. En Xestoso A Leira Longa é unha coutada alongada pendente abaixo, cara ao oeste, por debaixo da rotonda do Rebullón (rotonda na estrada das Plantas de onde parte a estrada do Rebullón). No Catastro de Ensenada rexístrase tanto «A Leira» como «A Leira Longa». Poulo, O Procede do latín pabulu ‘alimento’. En Bembrive, os poulos eran as terras de propiedade dedicadas á obtención de herba para o gando, especialmente vacún. Reservábanse para este fin preferentemente as propiedades situadas en lugares en que nacese ou polos que discorrese auga, posto que, como dicía unha informante «se non tiña auga non era poulo nin era nada». Nestes cultivábase a chamada herba molar ( Lolium multiflorum ) que era « máis agarimosa, brandiña, e máis pastosa que a herba castellana, cunha semente foupeira, frouxa, que non pe- saba». A herba castellana ( Lolium temulentum ) era máis dura e posuía

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==