Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 148 coutadas aquí situadas ten a dobre denominación de «Escochaina ou Pompeán». Herdadiña, A Forma diminutiva de herdade , termo empregado para referirse á propiedade rústica de terreo cultivado pertencente a un único dono (lat. hereditate , da familia do verbo heredare ‘herdar’). Herdade é pala- bra viva no galego. Entrando dende A Regada polo camiño da Candea, que discorre aos pés do Crasto, A Herdadiña son as terras de labor situadas ao fondo, onde o camiño cruza o río da Candea. Topónimo antigo que aparece xa no Catastro de Ensenada . Horta, A Derivado do latín hortus ‘xardín’ (Corominas 1980–1992, vol. III: 420). Enténdese como horta o terreo, polo xeral de reducido tamaño e próximo á casa, dedicado ao cultivo de hortalizas que noutras áreas de Galicia recibe o nome de porral . Entrando á rúa de Eifonso dende a Gándara ( Gandra na fala) de Beade, A Horta é o terreo que atopamos á man esquerda uns cincuenta metros máis adiante do Lavadouro de Eifonso. Leira, A Unha leira é unha terra de labradío. Pero ademais, en leiras divi- díanse as senras para repartir entre a veciñanza e son tamén as franxas de terreo que quedan entre os regos abertos nos campos de millo para facilitar o seu rego por inundación. Nos textos medievais en latín apa- rece como larea e Corominas propón a súa orixe no latín glarea . Esta hipótese é moi discutida, polo que se acepta agora que podería ser un celtismo procedente de plarea con perda do p – inicial. Semanticamente este celtismo plarea estaría emparentado co latín planus ‘campo , no sentido de terra plana’ . A Leira son as terras que quedan no final das Casas Vellas, rodeadas ao norte polo camiño de pés que é prolongación do camiño antigo (agora asfaltado) das Casas Vellas, ao sur polo camiño do Pereiro que

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==