Toponimia do Val do Fragoso
L i m i a r 13 coñecidos só polas familias propietarias que doutro xeito sería impo- sible descubrir. E, ao mesmo tempo, localizamos informantes clave, que posteriormente entrevistabamos en maior profundidade, a maioría maiores de oitenta anos. Malia que non é o sistema ideal, parte das entrevistas en profundida- de foron estáticas e leváronse a acabo co apoio de cartografía nos seus domicilios. Porén, sempre que foi posible desprazámonos con estas persoas aos lugares sobre os que estabamos traballando. Aínda así, hai que ter en conta a limitación que representa o feito de que a paisaxe teña mudado radicalmente nalgunhas zonas da parroquia, fundamen- talmente polo paso de novas vías de comunicación e a forestación do monte, así como polo abandono dos cultivos e a dificultade de acceder a moitas zonas. Criterios para a grafía dos topónimos Os topónimos, na fala, realízanse de acordo ás características pro- pias que a lingua ten en cada territorio determinado. No caso de Bem- brive, como, en xeral 6 , no resto de parroquias do Fragoso, serían, entre outras: a gheada (fi gh eira), agás tras - n trabante que é substituída polo fonema / k / (an k azo); seseo en todas as posicións (cru s , touti s o); despa- latalización case xeral dos - x ( s abreira); presenza exclusiva da variante - ouro do sufixo - oiro (lavadouro) etc. Porén, á hora de escribilos de- bemos suxeitarnos a algún tipo de criterio, neste caso aos empregados pola Comisión Toponimia de Galicia para emitir os seus ditames, e que a continuación expomos: 1. Respectar o uso vivo actual na variante dialectal de cada lugar. 2. Cando o mesmo lugar ten dous nomes que son variantes fonéti- cas opcionais, óptase pola forma máis arcaica ou a coincidente co galego estándar, se é un apelativo do vocabulario común. 3. Non se reproduce na grafía dos topónimos a gheada; tampouco se reproduce o seseo a non ser nos topónimos opacos. 4. Cando a forma viva está deturpada por castelanismo a Comi- sión atense ás documentacións antigas, como ocorreu no caso da Proba . 6 Existen excepcións como, por exemplo, a ausencia de seseo explosivo ou total en Domaio e Zamáns.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==