Toponimia do Val do Fragoso

147 A Terra polo camiño do Lago, sitúa un terreo á man esquerda, fronte á última das casas que atopamos. No Outeiro O Enxido é unha coutada por riba da Carrexona, cara ao leste, ou, para entendérmonos, contra a chamada Subida Chans (Cami- ño da Canuda). Precisamente á beira da estrada hai unha vivenda cons- truída e permanece o resto arborizado, aínda que non foi así hai quizais uns sesenta anos, cando unha informante nos explica respecto ao terreo que «era coutada (A Coutada Grande), pero miña nai quitou os pinos para botar millo. Logo puxo froiteiras, por iso pasou a ser enxido ». Te- mos O Enxido de Abaixo e O Enxido de Arriba. Correspondían á casa vella, xa arruada 46 , situada no Camiño da Devesa, poucos metros máis arriba da confluencia co Camiño da Ribeira. A forma enxido si aparece en documentación antiga, e temos como exemplo a seguinte cita correspondente a unha memoria de foros e pensións do ano 1577: «Que pagan en cada huun anno para senpre Gonzalvo de Savamill e Jacome Afonso de Vigo seys mrs. vellos por lo enxido que esta enna Rua das Trabancas ao longo das casas de Ynes Mourina sua sogra que foy de Gomes de Bertola clerigo VI r.» 47 , aínda que non atopamos ningún exemplo no Catastro de Ensenada corres- pondente a Bembrive nin no posterior Libro de afanegados . Escochaina Podería referirse á acción de escochar ‘quitar a palla da cana ao mi- llo’, cun sufixo –aina relativamente insólito, pero presente en palabras como solaina , andaina etc. Terreo de monte situado na veciña parroquia de Tameiga (Mos), parte del pertencente ao monte comunal 48 . En concreto, unha parcela que figuraba co nome de «Olmos de Ariba o Escochaina». Unha das 46 Emprégase arruada como sinónimo de derruída ; en ruínas. Cando menos na veciña parroquia de Sárdoma aplicábase tamén o verbo aos abortos provocados: «arruou un neno». 47 Comesaña Martínez, María Ángela (1995): O tombo do Hospital e Ermida de Santa María do Camiño de Pontevedra . Pontevedra: Museo de Pontevedra. 48 Segundo a orde de deslinde parcial do monte en man común de Tameiga publicada no DOG do 10 de xullo de 2009.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==