Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 146 trada estreita que parte da rúa do San Cibrán pegada á parede sur do bar Os Ramallos e desemboca nos Campos da Eira chámase O Camiño dos Campos da Eira. O Chan da Eira en Xeme é un núcleo de casas e campos enmarcado polas rúas da Xesteira ao oeste e Xeme ao norte e leste. Unha lixeira pen- dente do terreo que vai caer sobre o camiño Carballeira marca o límite sur desta chaira. Malia que as veciñas do lugar empregan a forma con ar- tigo, a forma máis estendida no conxunto da parroquia é a que prescinde del (Chan da Eira), ao igual que ocorre na documentación antiga como o Catastro de Ensenada e o Libro de afanegados , en que non aparece o artigo en ningún caso. Neste último documento atopamos unha propie- dade co nome de «labradio de Chan da Eira o Xeme» o que nos indica a pertenza naquel momento destes terreos ao lugar de Xeme. No Outeiro, subindo pola rúa da Cruz, sesenta metros despois da entrada para a Ribeira, temos un camiño á man esquerda. Entrando por el, a uns escasos vinte metros, se seguimos o sendeiro que á man dereita discorre baixo unha parra, iremos dar directamente á Eira Vella ; conxunto de leiras que atoparemos de fronte e que se estenden de pun- ta a punta, testando ao sur coa Serra. Enxido, O Do latín exitu , derivado do verbo exire ‘saír’, enxido é a variante no galego tudense da forma máis común eixido , onde, de acordo con Ses- tay (2010: 88), ten o significado de ‘terreo arrimado á casa dedicado a horta e froiteiras’. Esta mesma acepción foi a que recollemos en Bem- brive. O feito de que sexa un apelativo común na fala fai que atopemos numerosos Enxidos na parroquia. Reflectiremos aquí os que atopamos na recollida, pero en realidade cada casa que manteña viva a nosa lin- gua e o traballo da terra terá o seu enxido . No Lameiro (Baruxáns) identifica o terreo situado fronte ao portal traseiro da casa que fai esquina entre a Estrada de Bembrive e o ramal que sobe ao Penedo e que dá acceso ao grupo de casas que quedan por debaixo do campo de fútbol do colexio Montecastelo. Temos o topónimo O Enxido no Carballal, pertence ao Lugar das Pe- rellas; nos Freires , é un terreo por detrás da casa á que leva a costa que temos fronte ao Lavadouro e A Fonte dos Freires; e en Segade, entrando

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==