Toponimia do Val do Fragoso
145 A Terra Devesiña, A Diminutivo de devesa , formado coa terminación moderna –iña . Son os terreos por debaixo, á man dereita, do comezo da Costa da Pedrosa, xusto ao pasar a última casa. Na actualidade ten árbores froiteiras. O topónimo A Devesiña témolo en tres ocasión no Catastro de Ensenada e tamén no Libro de afanegados , en que aparece como «Devesiña o Pedrosa». Eido, O Campo do Do latín aditu , participio de adire ‘engadir, adicionar’. Eido quere dicir ‘engadido’ (á casa); en orixe eran as terras de cultivo próximas á casa. Dirixíndonos por Xestoso cara ás Aradas, témolo á man dereita che- gando á encrucillada das Figueiras, logo de pasar As Pedras das Pe- nizas. O camiño que permitía acceder a eles dende a actual rúa de Xestoso, era O Camiño do Campo do Eido . Eira, O Campo da A eira é o sitio chan, próximo á casa, onde se mallan os cereais. É vocábulo de orixe latina, derivado de area ‘superficie, lugar chairo’. Entrando dende a igrexa de Bembrive polo camiño dos Pumariños, O Campo da Eira (hai quen emprega o plural Os Campos da Eira) son o primeiro conxunto de leiras que temos á man esquerda, antes de chegar ao camiño que sae da mesma man e que baixa ao Muíño do Cruceiro. Ao outro lado do camiño temos xa Os Pumariños. Aos seus pés discorre o Río do Mosteiro. En Segade O Campo da Eira é o lugar que ocupa a casa que ata hai pouco tempo albergou o bar Candeán, na cuña que forman o Camiño do Loureiro coa estrada de Recaré e as terras cara ao leste. Os Campos da Eira no San Cibrán designan un polígono de terras por debaixo do bar Os Ramallos. Neste caso a forma en plural (xurdida secundariamente, como temos explicado, ao entender os falantes que para referirse a un conxunto de leiras que comparten o mesmo nome, por ser antigamente unha unidade, deben empregar o plural) parece maioritaria na fala, fronte ao suposto orixinal O Campo da Eira . A en-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==