Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 144 dos a algún tipo de restrición. Na actualidade, aínda que como topóni- mo está vivo non ocorre o mesmo co seu uso como apelativo común, debido, por suposto, á desaparición da realidade que nomeaba. Entrando polo camiño do Pereiro dende a rúa da Chan, logo de deixar as últimas vivendas das Casas Vellas á man dereita (uns cento sesenta e cinco metros abaixo), temos á man esquerda A Devesa (As Casas Vellas), terreos en parte a monte e con algunha froiteira plantada. No Outeiro eran todos os campos que había dende A Fonte da De- vesa ata O Parrachón ao norte, onde o Rego de Pontecela chega ao chamado camiño das Pedrás. Agora poucos están cultivados e nalgúns deles foron construídas vivendas. A Devesa (Sárdoma) nomea o terreo de monte situado por riba da Fonte da Canexa. Por riba dela, o camiño que sobe dende a estrada de Bembrive pola das Marallas para dar acceso ás casas situadas por de- baixo do campo de fútbol do colexio Montecastelo, marca o seu límite leste e tamén a estrema entre as parroquias de Bembrive e Sárdoma, á que polo tanto pertence A Devesa. No estremo suroeste desta, sobre o alpendre das casas do Lugar do Merrello temos O Campo da Devesa. Tamén documentamos topónimos compostos con este vocábulo: A Devesa Grande (O Pouso), situada por riba do Cabazo, á que se entra- ba polo camiño que baixa das Plantas a Esparramán, collendo á man esquerda. Chama a atención que das once propiedades nomeadas «A Devesa» no Catastro de Ensenada («A Devesa Cerrada», «Campo de la Devesa» e «Chan da Devesa»), moitas delas aparecen ligadas á zona de Novelos–Mandín–Freires, onde na actualidade xa non rexistramos o topónimo. O Camiño da Devesa agora é a estrada que vai dende A Mina (den- de o cruzamento co camiño da Mandada) ata o camiño da Ribeira, pero antigamente recibía ese nome o camiño que ía igualmente dende A Mina ata A Costa, polo tanto, continuaba sendo Camiño da Devesa parte do que agora é camiño da Ribeira (topónimo inexistente). Na marxe dereita deste camiño atopamos A Fonte da Devesa, uns cento cincuenta metros antes de chegar ao camiño da Mandada. Tamén é coñecida pola veciñanza do redor como A Fonte do Cano.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==