Toponimia do Val do Fragoso

143 A Terra en plural ( Os Cochos ) e outras trinta e seis en compostos que aluden fundamentalmente á súa localización. Algúns deles son «O Cocho do Loureiro», «Cocho dos Cortizos», «O Cocho da Chan», «O Cocho do Ameal», «Cocho do Rial», «Cocho de Novelos» ou «el Cocho do Na- ranjo». Como podemos comprobar algúns deles coinciden con actuais topónimos simples «O Cocho» que se atopan neses lugares. Cortiñelo, O Diminutivo, mediante o sufixo – elo , de cortiña ‘terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pequenas dimensións, dedi- cado fundamentalmente ao cultivo de cereais, hortalizas ou patacas’. Admítese, aínda que non temos certeza absoluta, que procede do latín cohortina derivado de cohors , – ortis ‘recinto, corral; división dun cam- pamento ou da lexión que alí acampaba; grupo de persoas’ ou ‘séquito dos maxistrados provinciais’. Segundo Corominas (1980–1992, vol. II: 213), o latín cohors derivaría á súa vez de hortus ‘recinto; horta’. É a primeira parcela, cuberta de piñeiros, que atopamos á man dere- ita entrando pola rúa da Senra ata testar coa Presa de Larín e, seguindo por esa man, os terreos ocupados polas catro casas seguintes. O Corti- ñelo continúa do outro lado da estrada, fronte ás dúas últimas casas, ata a Loria, abranguendo outra casa e algún viñedo e, cara arriba, terreos a poulo. Dise que é unha zona en que había moita auga, algo perfecta- mente entendible se lembramos que nos atopamos dentro dos Ameales. Ademais, hai quen chama (–>) O Lavadouro do Cortiñelo ao Lavadou- ro de Larín. Escóitase na fala local tanto a forma O Cortiñelo como O Curtiñelo. Aínda que todas as vivendas que existen hoxe en día a un lado e outro da rúa de Senra son de construción recente, o topónimo O Cortiñelo vén de antigo (como xa debemos supoñer polo sufixo – elo , que deixou de ter rendibilidade na Idade Media), posto que no Catastro de Ensenada (1752) o atopamos en máis de dez ocasións, sempre en singular, agás nun dos casos e tanto con artigo como sen el. Devesa, A Procede do latín defensa , participio de defendere ‘defender, vedar, prohibir’. Empregábase para definir terreos pechados, xeralmente con arboredo e destinados a pasto para o gando ou, en todo caso, someti-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==