Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 142 Partindo da Pousa de Mourelle ao Carballal polo recentemente ro- tulado Camiño do Cocho (talvez debido a que no tramo inicial pasa a carón do Cocho do Pasal), coñecido pola veciñanza como a subida ao Carballal ou A Baixada a Mourelle (segundo se pertencese ao barrio de abaixo ou ao do alto), uns cento setenta e cinco metros máis arriba da Pousa, onde o camiño describe unha pronunciada curva, O Cocho Pa- sal é o polígono de terras que se estenden á nosa dereita cara ao sur, ata chegar case á Pedrosa. De feito, dende A Pedrosa accédese a eles, se- guindo o camiño que entra pola das Pequenas e que pasa por debaixo do Campo de Rial. Ao oeste, un forte valado sepárao dos Sorregos, e polo tanto de Mourelle, ao leste, un moi lixeiro desnivel dá paso ás Pe- reiras, situadas por riba. Dentro do Cocho Pasal atopamos algunha leira co nome de O Cocho , como é o caso da que se atopa uns cincuenta metros ao sur da mencionada curva, contra os Sorregos. Tamén é O Co- cho a leira alongada que veremos, entrando polo camiño mencionado dende a Pedrosa, e logo de percorrer uns cento oitenta metros, á man dereita, detrás dunha ringleira de árbores. Pasal é un derivado de paso (lat. passu ) e designa o conxunto de pedras ou pasos (chamados poldras nalgunhas zonas) que se colocan no leito dun río para poder cruza- lo. Pero no Glosario de voces galegas de hoxe de Constantino García (1985), pasal aparece tamén co significado de pequena escaleira rús- tica feita nun muro e empregada para acceder a un terreo 45 . En todo caso, a forma Cocho Pasal , con ausencia dunha preposición que una os dous elementos é unha rareza non propia da toponimia tradicional galega. No Catastro de Ensenada non hai ningún Cocho Pasal , pero si figura o topónimo «Cachapasal» no Libro de afanegados . Esta forma fai dubidar sobre unha posible orixe relacionada con cachar , pero en todo caso é igualmente unha construción estraña. O Cocho Pequeno, nos Chans de Abaixo, é un pequeno campiño por debaixo do Lugar de Isabel (casa anterior á última que atopamos antes da fonte da Xabalouca, desprazándonos en dirección á Chan) que testa ao sur co Campo Grande. O Cocho e os diferentes sintagmas dos que o vocábulo cocho forma parte, son, como vemos, topónimos moi abundantes na actualidade, pero fórono aínda máis no pasado. No Catastro de Ensenada aparece O Cocho (con e sen artigo) nun total de vinte e tres ocasións, seis máis 45 Na toponima ese significado está presente, polo regular, co substantivo Esqueiro , Escairo .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==