Toponimia do Val do Fragoso
141 A Terra Subindo polo camiño da Mandada e collendo o camiño terreño á man esquerda que atopamos uns metros máis arriba do camiño da De- vesa, pegado ao peche dunha casa, o primeiro campo que temos á man esquerda é A Mandada e o seguinte, diante da curva do camiño, é O Cocho. Por debaixo están As Coutadas e aos seus pés o camiño da Devesa. Do outro lado do camiño, temos A Fonte da Devesa. Entrando no camiño de Novelos dende Mandín, é o terreo que te- mos á man esquerda pechado cun muro, onde actualmente hai unha casa. Prolóngase cara ao sur abranguendo as leiras, unhas a poulo e outras plantadas con millo, que testan, aos pés, coa Regueira do Abade. Porén tamén documentamos topónimos coa forma en plural como Os Cochos nas Cañoteiras, terreo onde se atopa a antiga Perrera 44 de Arriba, agora en ruínas que podemos ver subindo pola Costa das Cun- chadas á man esquerda e que estrema ao sur co rego que alimenta A Presa Paradeira, uns douscentos trinta metros antes de chegar ao cruza- mento co camiño da Bouzafría. Pouco antes de chegar ao rego da Fonte do Seixo atopamos uns terreos, chamados tamén Os Cochos, agora cubertos de árbores, fun- damentalmente piñeiros, que quedan na ladeira comprendida entre o camiño da Bouzafría e a costa das Cunchadas. O vocábulo cocho, ademais forma parte de diferentes sintagmas que dan lugar ós topónimos compostos, como O Cocho Longo (–lonko na fala por efecto da gheada) é a leira alongada, cercada cun muro de pe- dra, que atopamos á man esquerda no camiño das Pedrás, uns poucos metros despois de entrar dende Novelos para dirixirnos cara ás Costas. Báixalle polo norte o rego que vén da Fonte de Novelos, polo sueste a Regueira do Abade, e ao oeste, dende o Parrachón, entra o Rego de Pontecela que discorre agora soterrado ata unirse aos anteriores do ou- tro lado do camiño formando o río da Barxa. De feito, as terras fronte ao Cocho Longo son A Barxa. Por extensión chamábaselle tamén O Cocho Longo a este tramo do agora coñecido como Camiño de Espedrás que pasa por diante da leira. Lémbrano as veciñas como un camiño moi difícil de percorrer no inverno, sempre cheo de auga, o que se explica claramente pola súa situación. 44 Castelanismo por canceira .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==