Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 140 mén se podería tratar do segundo caso que presentamos ( O Cochiño de Xestoso), xa que está situado fronte aos terreos así chamados. Cocho, O Se nos remitimos aos significados recollidos para o substantivo co- cho no dicionario da Real Academia da Lingua temos, ademais do de ‘porco’, os de ‘ubre da vaca’ e ‘lugar cuberto ou agochado, como un cortello, un tobo etc., onde habitan ou se refuxian certos animais’. Pero dicionarios anteriores como o de Eladio Rodríguez (1958-1961), amó- sannos outro significado; o de anaco pequeno de terreo dedicado ao cultivo, que é o que, con toda probabilidade, se atopa detrás da maioría de topónimos compostos a partir deste vocábulo e que son tan abun- dantes non só en Bembrive, senón tamén nas parroquias do redor. De feito, o substantivo cocho está moi presente na toponimia de toda a Ga- licia suroccidental. A orixe do termo non está clara, aínda que Navaza (2007: 97) apunta unha posible procedencia prerromana para os casos en que cocho está relacionado con agochar ou agachar . Topónimo moi rendible na nosa parroquia e do que recollemos nu- merosos lugares designados coa forma en singular. En Baruxáns, saíndo dende a rúa do Cacheno á avenida de Madrid, O Cocho é o terreo que temos á man esquerda, na esquina estre as dúas vías, onde hai unha casa construída e abrangue tamén a que está a continuación. Se subimos cara ao Cacheno dende Moledo, uns setenta metros máis arriba da ponte sobre o Eifonso, temos O Cocho á man dereita, un gran terreo pechado con muro de pedra e postes, que abrangue terras de labor e o núcleo da casa e construcións anexas. Os seus propietarios contribuíron a manter vivo o topónimo gravándoo tamén no portal. Estrema ao oeste co Muíño Vello, ao sur co Pequeno e ao norte e leste coa estrada. Seguindo recto polo camiño da Cova (Mourelle), unha vez que a es- trada asfaltada xira á esquerda e continúa un camiño de terra, O Cocho é a leira que temos á man dereita. Testa por poñente co Cu da Viña e por nacente co camiño que vai ata As Coutadas. Nas Figueiras é o terreo, onde se atopa a primeira casa que veremos á man esquerda baixando polo camiño dos Freires, logo de pasar A Presa das Figueiras.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==