Toponimia do Val do Fragoso
139 A Terra parte pola construción dalgunha nave e a autoestrada do Atlántico, ató- pase ao final do camiño da Feira, onde tamén atopamos A Coutada do Chouso, e testa ao sur co Pé da Cerdeira. No Catastro de Ensenada aparece o topónimo Chouso , escrito con – s – aínda que non en solitario, senón formando parte do sintagma topo- nímico «Chan do Chouso», que non rexistramos hoxe en día. Decidimos non incluír aquí o caso de Chousa , por tratarse da forma feminina deste topónimo e por só poder confirmar a súa existencia gra- zas a un testamento do ano 1920, en que aparece unha propiedade de- nominada «Chousa, nombrado Fraga». Na actualidade o topónimo xa non foi recoñecido por ninguén e a persoa que conserva o testamento descoñece onde se atopa. En todo caso, o normal é que se empregase precedido de artigo na fala. Cochelos, Os Aínda que – iño é o sufixo habitual de formación de diminutivos des- de o século xiii , anteriormente empregábase – elo (< lat. – ellu ) co mesmo valor, polo que un topónimo con sufixo – elo , como o caso de Cochelo , é de orixe medieval. Cando baixamos polo camiño da Cova temos que coller a entrada á man dereita que nos leva ata unha vivenda e seguir uns metros por un camiño de pés para atopar Os Cochelos . Dise que este é un nome recente posto pola dona dos terreos. O que non é novo é a presenza do topónimo na parroquia, xa que se rexistra no Libro de afanegados de 1846, aínda que correspondente a outra localización, posiblemente no Mosteiro, xa que aparece como Quintán do Cochelo. Cochiño, O Tamén rexistramos dous lugares designados coa forma do sufixo moderno – iño: O Cochiño, terreo inculto por debaixo da primeira casa que temos á man dereita no camiño da Pedrosa; e o outro na Regada de Xestoso, un terreo por debaixo da Palancha, onde hai construída unha casa. Aparece no Catastro de Ensenada un «Cochiño da Pedrosa» que, moi probablemente, se podería corresponder co actual. Pero figura ta- mén un «O Cochiño» que nas dúas ocasións que é citado (unha delas en plural, «Os Cochiños») atopámolo xunto aos Pumares, polo que ta-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==