Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 138 Chouso, O Aínda que alí onde aparece escrito (mapas, rueiro) faino coa grafía Chouzo e mesmo moitas e moitos informantes forzan a súa pronuncia con /z/, a forma correcta do topónimo, como do substantivo común do que procede, é Chouso posto que o – s –, non se debe ao seseo, senón á propia etimoloxía da palabra. Chouso e chousa derivan, respectiva- mente, do latín clausu e clausa ‘pechado, cerrado’ e designan terreos pechados por valos, sebes etc. Na nosa zona, do galego suroccidental, predominaría, segundo Navaza (2011: 200) a forma masculina, men- tres noutras zonas de Galicia é máis habitual atopar o feminino chousa . O Chouso son dous terreos contiguos con cadansúa casa situados na esquina entre o camiño da Regada, ao norte, e o da Chan por na- cente; xusto antes de chegar, conforme subimos, á Ponte das Pereiras. Aparece no Catastro de Ensenada unha propiedade de Ana de Souto, veciña de Paio, nomeada «Chan do Chouso» que posiblemente se co- rrespondería con esta. Pouco máis adiante da entrada a Bembrive dende Beade (uns dous- centos metros), onde a estrada comeza a debuxar unha curva de cento oitenta graos, O Chouso é o terreo de monte que temos a un lado e outro da estrada, antes de chegar a cruzar o río de Eifonso, aquí río de Mourelle. Deste xeito, á man dereita sitúase fronte aos Sorregos, do outro lado do río, e abrangue a faixa de monte que queda entre o curso de auga e un camiño do monte que lle pasa por riba, e á man esquerda esténdese cara o oeste, entre a estrada de Bembrive e o río, ata chegar ao núcleo das dúas primeiras casas que nos atopamos nesta man ao entrar na parroquia. A Coutada do Chouso está situada no sur do Chouso, aos pés dos Sorregos pero do outro lado do río e chega ata o camiño do monte. O Chouso, situado por riba da rúa do San Cibrán, compóñeno an- tigos campos onde hoxe en día hai xa unha casa e un alpendre cons- truídos, cultivo de vides e froiteiras e algunha leira a poulo. Esténdese cara ao leste ata O Camiño do Chouso , co que estrema tamén polo sur e testa ao norte–noroeste coas Cerqueiras. Este camiño parte do da Miragaia, rodea O Chouso e As Cerqueiras por nacente e leva á dos Portugueses, nos Chans. Na estrema co concello de Mos e a parroquia de Cabral sitúase O Chouso (Xestoso), un monte de Bembrive. Ocupado, actualmente, en
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==