Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 12 Atópase tamén o Libro de afanegados de Bembrive, en concreto o do ano 1846, no mesmo arquivo de Pontevedra 4 . — — Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA). Corpus textual que se actualiza anualmente con documentación medie- val relacionada con Galicia publicada en lingua latina desde o século vi ata o xv , ambos inclusive. Abrangue os textos recollidos nos cartularios e coleccións dos centros monásticos: Samos, So- brado, Oseira, Celanova, Xubia, Lourenzá, Carboeiro, Caaveiro, Antealtares, San Martiño Pinario etc., así como documentación das sés catedralicias de Santiago, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ou- rense e ordes militares. É unha iniciativa do Centro Ramón Piñeiro e está dispoñible en internet no enderezo http://corpus.cirp.es/codolga/ — — Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG). Trá- tase do corpus das obras e coleccións documentais redactadas en romance galego na época medieval. Xunto co TILG ( Tesouro Informatizado da Lingua Galega , dirixido por Antón Santama- rina) forma o corpus histórico do Instituto da Lingua Galega. A súa base de datos tamén é accesible en internet: http://ilg.usc. es/tmilg/ Ademais tamén se consultou a documentación relativa á parroquia depositada nos seguintes arquivos (dispoñibles no momento da consul- ta): Arquivo do Museo da Deputación de Pontevedra, Arquivo Dioce- sano de Tui, Arquivo do Concello de Vigo. Así como, actas de plenos antigas da Entidade Local Menor de Bembrive e documentos do monte, ademais doutra documentación escrita que se detalla en cada caso. Tivemos acceso tamén a algunha partilla particular. Non obstante, non podemos esquecer que a base sobre a que se asenta este traballo son as fontes orais. Inquirimos un total de duas- centas cincuenta veciñas e veciños da parroquia 5 sobre os topónimos que coñecían na súa zona. Os resultados foron moi diversos pero per- mitiunos, por unha banda contrastar parte da información, ao tempo que rexistramos microtopónimos referentes a terreos moi pequenos 4 Neste caso contamos coa colaboración de Diego Pérez, veciño de Bembrive, con quen compartimos información durante a elaboración deste traballo e nos cedeu o baleirado que xa tiña feito deste documento. 5 Os seus nomes aparecen recollidos ao final do libro.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==