Toponimia do Val do Fragoso
137 A Terra este microtopónimo na actualidade. No Libro de afanegados figura xa grafado con – c – («A Cancela»). Cercado, O Un cercado é un terreo rodeado ou pechado por unha cerca , un va- lado ou un muro . Aínda que cercado pode actuar directamente como sinónimo de cerca ‘construción feita con estacas ou outro material coa que se cerra unha propiedade’. Termo de orixe latina correspondente ao participio de circare ‘rodear’. No San Cibrán designa o terreo situado entre o camiño da Fontese- ca, que lle pasa por riba, e o da Cal, que o fai por debaixo. Na actuali- dade hai dúas casetas construídas visibles dende O Ripanso. A segunda delas ten o topónimo gravado sobre azulexos na parede. Malia que hoxe en día é terreo a monte, os cercados eran campos cultivados onde se botaba sobre todo millo. O Cercado aparece xa no Catastro de En- senada . Esta denominación altérnase actualmente na fala co plural se- cundario Os Cercados , que non o é no topónimo A Presa dos Cercados Esta presa foi feita polas propietarias e propietarios que cultivaban as terras para regalas, coa auga que desviaban dende a regueira que baixa pola Fonte Seca. Chantada, A Do latín plantata , participio plantare ‘plantar’. Un topónimo deste tipo fai referencia, probablemente, á existencia dunha plantación dun cultivo determinado. Pero chantar ten a acepción tamén de cravar un obxecto nunha superficie, por exemplo unha lousa ou un poste na terra para construír un valado ou marcar unha estrema, significado que qui- zais podería estar, excepcionalmente, detrás da orixe dalgún topónimo relacionado con chantar . En todo caso, igual que ocorría co caso de Cercado, podemos seguir considerándoo agrotopónimo por estar inti- mamente relacionado co agro. Trátase dun pequeno terreo, agora a monte, encravado na pronun- ciada curva que describe o camiño da Mandada para volver á subida á Chan.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==