Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 136 Seguindo a mesma estrutura morfosintáctica documentamos: O Campo do Medio , último campo, normalmente sementado de millo na actualidade, situado ao final do camiño de subida ao Carballal (Cami- ño do Cocho), á man esquerda, antes de que o camiño describa unha curva de noventa graos para rodear o Lugar de Regueiriños. Esténdese cara ao norte por riba do Roupeiro. Este topónimo témolo en cinco ocasións no Catastro de Ensenada , aínda que non podemos asegurar que se corresponda co actual. E tamén recollemos O Campo Negro, terreo actualmente a monte si- tuado por debaixo da dos Portugueses, nos Chans. Non aparece ningún Campo Negro no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados , en que, pola contra, si figura unha propiedade chamada «Cepo Negro o Chans», topónimo que non recollemos na actualidade. Descoñecemos se fan referencia ao mesmo lugar. Cancela, A Voz plenamente viva na fala que designa a porta, xeralmente de madeira, aínda que tamén de barrotes, que pecha o acceso a unha pro- piedade. Deriva do latín tardío cancella . Na entrada deste termo no seu dicionario, Eladio Rodríguez (1958) incluía un comentario etnográfico sobre as cancelas, a crenza de que antigamente se reunían as almas dos defuntos xunto a elas e por iso non se debían pechar con violencia, para non mancar os espíritos vidos do máis alá. Documentamos dous lugares A Cancela: o primeiro un conxunto de leiras que, na rúa de Mandín, temos á man dereita conforme nos diriximos aos Freires, xusto antes do pequeno grupiño de casas situadas na curva onde entra o camiño de Novelos. Dende a Presa dos Estripei- rales, localizada na súa cabeceira, baixa un rego que marca o límite da Cancela por poñente e a separa das devanditas casas. Este rego irá a unirse no estremo do Cocho Longo co Rego de Pontecela, logo de ter recollido as augas da Fonte de Novelos. E o segundo un terreo en Segade de Arriba ao que se accede pola mesma entrada que a un salón de peiteado alí situado. Aparece en media ducia de ocasións «A Canzela» no Catastro de Ensenada , así como unha «Regada da Cancela», que entendemos que estaría dentro da Regada de Xestoso, aínda que alí non se conserva
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==