Toponimia do Val do Fragoso

135 A Terra dereita do camiño dos Ameales e a situada do outro lado do camiño, fronte a elas. Estrema, polo tanto, ao leste coas Remesiñas, na parte alta ao sur coa Loria e ao norte co Campo Grande e na parte baixa ao sur e oeste co Cortiñelo e ao norte cos Ameales, dos cales forma parte. Campo do Balón, O Do latín campu , que referíase a terreos chans e abertos. Hoxe en día ten asimilado na fala común o significado de agro ou leira . Os to- pónimos que recollemos con este termo son todos compostos: núcleo ( campo ) e modificadores. Deste xeito, temos O Campo do Balón, que recibe este nome por- que era o campo de fútbol que empregaban os nenos da escola antiga da Chan para xogar, polo que é un topónimo moi recente, do século xx . En calquera caso, anterior á divulgación do termo fútbol , polo que se ve, pois os nenos non ían «xogar ao fútbol» alí, senón «xogar ao ba- lón». Na actualidade está alí situado o merendeiro do Pouso, pertence ao monte do Galleiro. O Campo Grande está no polígono de leiras situadas dentro dos Ameales por riba do camiño do mesmo nome (camiño Ameirais nos ró- tulos oficiais), entre a casa do comezo e a que atopamos uns cen metros máis adiante, que pertence xa ao Campiño. Queda por debaixo das Re- mesiñas, das que o separa un valado natural polo norte e por nacente. Nos Chans temos tamén O Campo Grande conxunto de leiras, ago- ra dedicadas maioritariamente a pasto para cabalos, que temos por debaixo da Rúa da Chan, xusto antes de chegar ao Lugar de Isabel (casa anterior á fonte da Xabalouca, en dirección dende O San Cibrán á Chan), dentro dos Chans de Abaixo. Recibe indistintamente o nome de O Campo Grande ou O Cocho Grande, o que amosa a certa equivalen- cia adquirida entre ambos termos. «O Campo Grande» aparece tanto no Catastro de Ensenada como no Libro de afanegados , malia que neste último se localizan algunhas propiedades así nomeadas na Franxa e na Fraga, onde xa non o recollemos na actualidade, dedicados a carballos ou «dehesa». O Campo Grande de Segade, como o seu nome indica, era unha lei- ra de certas dimensións, agora non cultivada, situada xusto na entrada do camiño dos Tisoureiros á man esquerda, e que se estende cara ao leste ata testar con eles.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==