Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 134 en contraste coas medas , feitas coa palla do millo unha vez esfollado 42 ou as copas , feitas coa palla do centeo. Así define o termo un veciño de Bembrive, nativo de Sárdoma, dos poucos que recoñece aínda o signi- ficado do termo, en claro perigo de desaparición na zona 43 . Se imos dende o camiño da Regueiriña á Fonte das Cavadiñas e seguimos polo sendeiro adiante, atoparemos O Bardeiro ao final deste, aos pés da casa que nos queda á man esquerda. Trátase do terreo situa- do aos pés do que era O Lugar das Crencas, por riba do Nabal Vello, na zona do Pouso. Aínda hoxe en día se ve alí algunha destas estruturas de palla. Aparece xa no Catastro de Ensenada «Bardeiro», «O Bardeiro do Medio», «O Bardeiro de Arriva» e tamén «bordeyro», polo que estamos ante un topónimo que conta con máis de dous séculos e medio de vida e que, probablemente, abranguía unha superficie maior á actual. Campaceiras, As Derivado de campaza ‘campiña natural no monte’ ou ‘prado de se- cano’ segundo as diferentes definicións recollidas no DdD . Campaza é, á súa vez, un derivado de campu mediante o sufixo correspondente ao latín – atia . Situadas dentro do Monte das Campanas, por debaixo do parque fo- restal de Beade, en terreos de Bembrive. Na fala realízase con seseo: As Campaseiras . Aínda que na actualidade nos foi referido xa tan só por un veciño, é un topónimo antigo, que atopamos no Catastro de Ensenada baixo a forma de «Campaseira», «As Campaseiras» e «A Campazeira». No Libro de afanegados temos «monte das Campaceiras». Campiño, O A partir do diminutivo de campo (< campu ) temos O Campiño , un terreo onde hoxe en día están situadas as dúas últimas casas da man 42 Cando se recollía o millo facíanse os meducos , deixábanse unhas tres semanas para «facerse» (para que se producise unha lixeira fermentación) e logo esfollábase. Coa palla resultante facíanse as medas para ir dándollela aos animais ao longo do ano. 43 Bardeiro aparece, de feito, no Gran Dicionario Xerais da Lingua (2009) como sinónimo de palleiro .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==