Toponimia do Val do Fragoso
133 A Terra Aradas, As Do latín arare ‘arar’ ‘ traballar a terra abrindo sucos ou regos co arado’. Son o núcleo formado polas casas que atopamos por debaixo da rúa de Xestoso, entre O Camiño das Aradas (camiño asfaltado de ac- ceso a vivendas que parte da rúa de Xestoso, uns metros máis abaixo do camiño de Esparramán) e a Regueira do Martínez, e polas terras de labor, agora maioritariamente a poulo, situadas por debaixo delas, cara a poñente, ata testar con Peizás. No Catastro de Ensenada apare- ce «As Jaradas» e «As Charadas» e «Aradas» no Libro de afanegados , ao igual que nas escrituras máis recentes, onde figura acompañado de artigo «As Aradas». Á man dereita no comezo do camiño das Aradas, por debaixo do seu nivel aparece A Fonte das Aradas. Neste camiño, uns metros máis adiante, cara ao Rorigo está O Lavadouro das Aradas, concretamente debaixo do nivel da rúa de Xestoso. Na esquina entre o camiño das Aradas e a rúa de Xestoso, por debaixo do lavadoiro atopa- mos A Presa das Aradas, presa grande, de dous corpos. En realidade, na fala escoitaremos, en todos estes casos, pronunciar o topónimo como As Xaradas . A explicación é que, a partir de As Ara- das , unha palatalización do – s do artigo dá ese resultado ( asaradas > axaradas ). Xa é antiga esa palatalización, pois no Catastro de Ensenada conviven as grafías «As Jaradas» e «As Charadas» (unha e outra repre- sentan un As Xaradas da fala) coa tradicional As Aradas . Bardeiro, O Derivado de bardo , barda, termos que os dicionarios definen como ʻ Cercado, cierre, valla, resguardo o defensa de tojos, zarzas y malezas con que se rodean las fincas para que no se pueda entrar en ellas. Lo mismo que sebe ʼ (RAG: 1913–28), ʻ Cierta extensión de un sembra- do de trigo maduro y dorado, que ya puede segarse ʼ (Franco Grande, Xosé Luis [(1936-) 1972]) ou ʻ Montón. Gran cantidad ʼ (Carré Alvare- llos: 1926–1931). É palabra de orixe escura, quizais emparentada con barra , de orixe prerromana. Un bardeiro é un palleiro de herba seca,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==