Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 132 De xeito semellante ao que ocorre coa Senra, o topónimo As Vesa- das aparece unhas poucas veces no Catastro de Ensenada (unha como «Campo das Besadas» e outra como «Besadas») pero ao redor de en vinte ocasións no Libro de afanegados . Vemos como nun período de case cen anos se incrementou notablemente o número de propiedades de revolta e especialmente senras e vesadas e, polo tanto, a cantidade de terra gañada ao monte para o cultivo fundamentalmente de cereal. Así a todo, non é a do Catastro de Ensenada a primeira cita das Vesadas que atopamos, xa que figuran no testamento de Don Antonio Mendez de Gondar y Sotomayor (–> Recaré): «Esta viña nombrada das Besadas con todos sus arboles que tiene alrededor que parte de una parte con congostra que ba para el lugar de Mandin, y de la otra parte con viña que tiene el Capitan Pedro de Puga y entesta con campo que se dice dos pozos que es mio propio». A terra cultivada : agrotopónimos Abrangue os topónimos que teñen a súa orixe en termos relaciona- dos, dun ou outro xeito, coa actividade agrícola. Agreira, A Posible derivado, aínda que estraño, de agra , forma colectiva que se refire a un conxunto de agros ; terras de labor. A voz agro procede do latín agru . Mentres en moitas linguas románicas non sobreviviu a raíz agr – mais que en cultismos (por exemplo: agricultura ou agrícola no castelán), no noroeste peninsular mantívose plenamente viva. Ese proceso de substitución estámolo a vivir na actualidade cando, no noso contorno, a forma agro apenas é empregada xa, sendo suplan- tada, ao igual que outros termos como leira ou veiga , polo xenérico campo . O pequeno conxunto de leiras ás que se accede polo lateral da casa antiga situada por riba da Fonte da Devesa é A Agreira . Estrema por poñente coa Serra. O topónimo A Agreira aparece no Catastro de En- senada , aínda que como propiedade dunha veciña de Paio, polo que é moi posible que non coincida coa actual.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==