Toponimia do Val do Fragoso
131 A Terra Senra, A Senra e a súa variante seara son palabras de orixe céltica proceden- tes de sénara ‘campo vello, campo de labor’. As senras e as searas eran terreos de monte baixo que se convertían en labradío, principalmente para a obtención de cereais. Aínda que o plural secundario As Senras tamén foi recollido durante as entrevistas realizadas, a forma máis estendida e habitual é A Senra . Franxa de terras situadas entre a rúa do Carballal e a da Senra, dende a altura do camiño do Cocho ata uns metros antes do camiño do Pe- reiro 41 . Temos aquí un exemplo claro dos casos en que unha rúa toma o nome do topónimo dun dos lugares que atravesa, algo que adoita levar a engano ás persoas descoñecedoras da zona, que poden tender a pensar que o nome da rúa corresponde ao de todo o territorio que atravesa e non só unha parte. Na actualidade Os Campos da Senra es- tán sen cultivar, ou algún deles con millo, pero ata non hai moitos anos era un dos lugares onde se cultivaba o centeo. O incremento de rexis- tros do topónimo Senra entre o Catastro de Ensenada (1752) e o Libro de afanegados (1846) é salientable, pásase dunhas poucas no primeiro caso (unha delas como «Campo da Senra») a, cando menos, vinte en afanegados (todas como A Senra ). Vesadas, As Vesada é o participio do verbo vesar ‘labrar a terra dándolle a volta, de maneira que a tona e o terrón vaian ao fondo do rego’. Procede do latín versare , derivado á súa vez de versu ‘suco aberto polo arado’. Tal e como explica Navaza na Toponimia de Catoira (p. 55) estes sucos paralelos debuxados polo arado na terra darían nome, por analoxía, ás liñas paralelas escritas sobre papel dos poemas, os versos . As Vesadas son as terras gañadas ao monte mediante o seu rotulado co arado, e a súa grafía é con v – etimolóxico, aínda que nos documentos históricos adoita aparecer con b –. Na actualidade son coutadas que se localizan entrando polo camiño de Reiriz, unha vez pasadas as casas e que pola volta dan á Viña Grande. 41 Entre A Senra e o camiño do Pereiro atópase O Castiñeiro.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==