Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 130 Revolta, A En moitos casos o topónimo Revolta vén dado pola presenza dun ca- miño ou ben dun río que describen unha curva tan pronunciada (unha revolta) que acaba por marcar o nome do lugar. Pero, tal como recollía Eladio Rodríguez, revolta ten tamén a acepción de ‘terreno de mon- te onde se planta o trigo que se sementa na revolta; trigo da revolta’ (Eladio Rodríguez: 1958–1961, en DdD , s.v.), polo que outros topó- nimos poden ter esta orixe relacionada co aproveitamento do monte. Debemos aclarar que non só se aplicaría o termo ao trigo, senón que podemos ter millo de revolta , nabos de revolta etc. En definitiva, aquel cultivo que se plantase de segunda volta, logo de recollido o cultivo principal. Este modo intensivo de aproveitamento das terras gañadas ao monte, fronte ao modelo de barbeito, en que logo dunha colleita a terra se deixa descansar un tempo ata a colleita seguinte, é o que caracteriza as que serían chamadas terras de revolta ou terras da revolta (Navaza, 2007a: 52). No documento dun foro do ano 1314, pertencente á colección di- plomática de Santa María de Oseira, apréciase a diferenciación que se realizaba entre as terras de barbeito e de revolta en relación coa súa produtividade, ao esixir un pago menor para estas últimas: « [...] et ter- ça de todo grao et de legumea et de nabal se for de barbeyto, et se for de revolta daredes quarta et terça de cebolas se as y over,[...] » 40 . Na actualidade o lugar chamado A Revolta , en Segade, abrangue o grupo de casas situadas por riba do Camiño da Revolta , o propio camiño e a franxa de terreo comprendida entre el e a Rúa de Recaré. O topónimo atopámolo tanto no Catastro de Ensenada coa forma Re- bolta como no Libro de afanegados . O Lavadouro da Revolta estaba no final do actual Camiño da Revolta , onde había unha mina e unha fonte, situada agora uns cincuenta metros ao suroeste, contra o muro da primeira vivenda que queda na illa que forma a avenida de Madrid coa rúa de Recaré. Lembra un veciño como as mulleres do lugar que traballaban polo día na industria viñan lavar aquí de noite. 40 Romaní Martínez, Miguel (ed.), 1989, 1989, 1993. La colección diplomática de Santa María de Oseira (1025-1310). 3 vols. Santiago: Tórculo Edicións.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==