Toponimia do Val do Fragoso
129 A Terra dereita ao tomar a curva e que se estenden ata testar, pola banda de nacente, co pequeno valado que a separa da Castiñeira. Cavadiña, A / Cavadiñas, As Diminutivo de cavada, representaba a transición dos campos do Bardeiro e o Naval Vello ao Monte do Pouso, en concreto ao Picouto. Se dende a estrada das Plantas baixamos polo camiño do Pouso, A Cavadiña (ou As Cavadiñas , posto que é habitual o uso do plural se- cundario) é o terreo que atopamos, agora a monte, á man dereita logo de pasar a presa nova da Regueiriña e o depósito de augas do Pouso. Para chegar, á Fonte das Cavadiñas debemos baixar polo camiño da Regueiriña, que parte fronte aos depósitos de auga do Pouso. Ao chegar á parte baixa do camiño, xiramos á man esquerda e seguimos polo ca- miño de pés que nos levará á fonte, pasando primeiro pola outra presa da Regueiriña. Temos tamén a forma en plural no Outeiro, onde o topónimo abran- gue dende o cruzamento da estrada de Bembrive co antigo Camiño das Cavadiñas (subida dende a estrada de Bembrive, hoxe ancheado, convertido en estrada e renomeado coma subida á Cruz) ata uns cin- cuenta metros antes da Cruz. Ata hai non moitos anos eran campos, na actualidade moitos sen cultivar e outros construídos, especialmente na marxe dereita do camiño. En Segade, As Cavadiñas (actualmente é terreo de monte), localí- zanse ao final do Camiño das Cavadiñas , que entraba ata a Presa das Cavadiñas dende Miraflores e que agora está incorrectamente rotulado como «Cabadiñas». Esta presa situábase augas arriba da do Pereiro, de menor tamaño ca ela. Antigamente había tamén un lavadoiro, pero na actualidade apenas existe a presa, sepultada pola vexetación e polo muro do peche que pertence á última casa do chamado Camiño Caba- diñas . Xunto a esta estaba A Fonte das Cavadiñas. Son numerosos os topónimos A Cavada e A/s Cavadiña/s que apare- cen no Catastro de Ensenada , o que nos dá idea da súa existencia pre- via á metade do século xviii . Figura tamén «A Cavada Vella» topónimo que non rexistramos na actualidade. No Libro de afanegados mudou a grafía e aparece en todos os casos con b ( A Cabada ).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==