Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 128 T erreos gañados ao monte para o cultivo Cachada, A / Cachadas, As Participio do verbo cachar , procedente do latín casculare ‘romper’. Fai referencia á rotura do monte, á eliminación da vexetación e prepa- rado da terra para o seu cultivo. No Calvario, hai unha pequena tira de terra que conserva este nome, situada na subida ao Monte do Calvario, á man esquerda, uns cincuen- ta metros máis adiante da entrada ao camiño da Garabulla. A Cachada ou As Cachadas, no San Cibrán, son un exemplo de recuperación por parte do monte dos terreos que lle foran arrincados. Nos últimos tempos foran campos, distribuídos en socalcos; ata catorce tiña unha propietaria, pero na actualidade están cubertos de vexetación arbórea. Están situadas entre o camiño da Fonte Seca e o camiño do Medio. Se nos diriximos pola rúa do San Cibrán cara á capela, queda- rannos á man esquerda, unha vez pasada a segunda subida á Miragaia. Propiedades co nome de A Cachada non aparecen no Catastro de En- senada , pero si no Libro de afanegados , concretamente unha situada no San Cibrán, que entendemos que corresponde a esta que recollemos na actualidade. Aparece citada tamén A Cachada na Xesteira, pero neste caso si que non puidemos seguir o seu rastro no presente, e unha «Ca- badiñas de Abajo o Cachadas» que pon de relevo o equivalente destes dous termos. Posto que o uso de Cavada se rexistra, como veremos a continuación, no Catastro de Ensenada e o de Cachada non, pode deducirse que este último naceu seguramente a finais do século xviii ou ao longo do xix e, en consecuencia, os que conteñen Cavada son posiblemente anteriores. Cavada, A Participio do verbo cavar ‘remover a terra facendo sucos ou profun- dar para abrir cavidades’. Do latín cavare . Subindo pola Costa da Peteta dende A Ponte de Moledo, uns sesen- ta metros despois de pasar a entrada para a Fonte da Sidra, A Cavada (Baruxáns) son os terreos, actualmente incultos, que atopamos á man

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==