Toponimia do Val do Fragoso

L i m i a r 11 — — Catastro de Ensenada . Censo realizado a mediados do século xviii en todo o territorio dominado pola coroa de Castela (en Bembrive entre finais de 1751 e 1752), co obxectivo de impor unha uniformidade fiscal. Aínda que o obxectivo non se cum- priu, o catastro si se completou, ao rexistrarse exhaustivamente todas as propiedades privadas e comunais que había en cada pa- rroquia, tanto de habitantes laicos como de eclesiásticos. Apare- ce, polo tanto, unha relación de todas as veciñas e veciños 3 con posesións e os nomes destas, así como o «lugar de habitación» onde residían, coincidente en moitos casos co que son os barrios ou lugares actuais. Hai que ter en conta este feito na lectura do libro, posto que cando nos referimos ás veciñas ou veciños que había nun determinado lugar son en realidade só as e os que dispuñan de propiedades. No catastro incluíase ademais un «interrogatorio xeral» de corenta preguntas en que se tomaba nota dos límites da parroquia, os cultivos existentes nela, as ac- tividades económicas etc. Foi ordenado polo rei Fernando VI a proposta do seu ministro Zenón de Somodevilla y Bengoechea, marqués de La Ensenada, polo que o documento é coñecido por este nome. Dos tomos manuscritos do catastro correspondentes á parroquia de Bembrive consérvanse dúas copias, unha no Arquivo de Si- mancas e outra no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. — — Libro de afanegados de Bembrive de 1846. Os libros de afane- gados son documentos sobre impostos e taxas pertencentes ao século dezanove, en que tamén se recolle o nome de cada pro- pietario da parroquia e os seus bens. Neste caso, ao igual que no Catastro de Ensenada , aparecen as terras cos topónimos polos que eran coñecidas naquel momento. Deste xeito, podemos coñecer en certa medida a relativa an- tigüidade dos topónimos aínda existentes ou as modificacións (tendo en conta as arbitriariedades ortográficas destes textos) e desaparicións sufridas ao longo do tempo. 3 Termos empregados nese catastro co significado de ‘cabeza de familia’.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==