Toponimia do Val do Fragoso
127 A Terra T erreos gañados ao monte para uso privado : as coutadas Coutada, A Coutada é o participio de coutar , verbo creado a partir de couto , do latín cautu (participio de cavere ‘protexer, defender, coidar’). Fai refe- rencia a parcelas de monte que foron cercadas e apropiadas para uso privado, polo que adoitan estar emprazadas nas lindes do monte comu- nal. As coutadas , denominación empregada en Bembrive, son chama- das tomadas en parroquias veciñas como Valadares. En Baruxáns son as primeiras terras que temos á man esquerda su- bindo polo camiño da Castiñeira dende a Ponte de Moledo, logo de pasar o primeiro núcleo de casas, e que se estenden cara ao norte ata testar co Seixal. Outra A Coutada localizámola na marxe dereita da subida ás Cun- chadas, uns cen metros antes de chegar á Perrera de Arriba, na que recentemente foi construída unha casa. Aínda que o terreo se coñecía con este nome na familia propietaria, un dos descendentes púxolle hai xa varias xeracións o de Miraflores, polas vistas que dende el se teñen cara a poñente. No Pouso documentamos A Coutada de Abaixo, terreo onde se construíu a casa que atopamos no final do Camiño da Regueiriña, que baixa fronte á presa do mesmo nome, e A Coutada de Arriba, situada por riba da Coutada de Abaixo, que mantén o carácter de terreo de monte arborado, fundamentalmente con piñeiros. Outros topónimos formados con Coutada son na Mandada A Couta- da Grande , coñecida tamén como (–>) O Enxido; e A Coutada Longa, en Xestoso, situada fronte á Presa da Veiga, por baixo das Lagoas. No Catastro de Ensenada son máis de trinta as propiedades que te- ñen por nome A Coutada ou algún complexo sintagmático do que este termo forma parte como «Coutada do Moiño», «A Coutada do Monte», «A Coutada de Remisiña», «As Coutadas do Outeiro» ou «A Coutada de Piselte». Aparecen tamén «Coutada de Avajo» e «A Coutada de Arri- va» que quizais se poderían corresponder coas actuais. En todo caso, esta cantidade de topónimos creados sobre o vocábulo coutada pon de manifesto a existencia deste fenómeno nos montes de Bembrive con anterioridade ao ano 1752.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==