Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 126 cara a Tui e o de Baiona, e por debaixo del, a Estrada das Plantas. Esta zona é chamada tamén O Monte da Pedra Aguda ou simplemente A Pedra Aguda. Este tipo de topónimos adoitan estar asociados a antas empregadas como marcos, pero neste caso, aínda que nos atopamos de feito na estrema entre as parroquias de Bembrive e Tameiga (Mos), A Pedra Aguda non aparece como fito de delimitación no Catastro de Ensenada de ningunha das parroquias. De todos os xeitos, non resulta estraña a presenza deste topónimo nun lugar onde, como lembran al- gúns veciños, había numerosas pedras afiadas que sobresaían máis de medio metro do chan e que se atopaban sobre todo cara ao nordeste, en dirección ao parque das Pedriñas de Mos. Algunha delas, especial- mente destacada, debeu motivar o topónimo. No alto deste monte ha- bía unha chaira, A Chan do Monte Alto, desaparecida pola construción da autoestrada. Quen a coñeceu lembraba que alí había xabre e barro. Aquí tamén localizamos A Coutada do Monte Vello, terreo que xa non é forestal, senón que ten unha vivenda construída, situado case fronte ao Muíño do Rorigo; na esquina entre a entrada que baixa fronte a el e marca a estrema da antiga coutada por poñente, e o Camiño do Monte Vello, que a rodea polo sueste. Este topónimo non aparece no Catastro de Ensenada, pero si no Libro de afanegados , onde atopamos varias propiedades chamadas «monte vello» e «pinal de monte vello», relacionadas con Xestoso, Peizás ou a «dehesa do Rorijo», polo que se podería tratar do actual Monte Vello. Tamén o atopamos nunha escri- tura dos anos vinte, aínda que daquela como fraga : «Fraga de Monte Bello». O Monte Vello ( latín monte vetulu ) , tamén en Xestoso, abrangue as antigas coutadas, agora cun par de casas construídas, situadas por debaixo do Rorigo, a continuación, cara ao nordeste, da do Cea. O Pinal do Monte (A Viña Grande) é unha coutada fronte á Buraca do Pavero, situada na Viña Grande. Dende o Lugar de Arriba, en Xestoso, sobe á estrada das Plantas O Camiño do Monte , actualmente rotulado como «Camiño (do) Lugar de Arriba», nome que corresponde en realidade ao que se chamou «Ca- miño Esparramán».

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==