Toponimia do Val do Fragoso

125 A Terra algún moi destacado como O Galleiro ou O Costal , pero non a gran riqueza de microtopónimos que debía haber dentro deles. Estes topó- nimos atoparémolos nos apartados correspondentes ( O San Cibrán , A Pedrosa etc.); aquí incluímos só os que teñen o termo monte como elemento principal do seu nome ( O Monte ou O Monte Vello ). Dentro do que é o monte, conservamos aínda unha gran parte en propiedade común, pero parte del foise dividindo ao longo do tempo en propieda- des privadas que son as coutadas. Os topónimos relativos a elas foron incluídos baixo o seu epígrafe correspondente, por exemplo: A Couta- da dos Chans en Chan , ou A Coutada das Señoras na entrada Señoras ; agás os topónimos en que Coutada é o elemento central do topónimo como A Coutada Grande , A Coutada Longa etc. que trataremos neste apartado. Finalmente, teremos tamén neste apartado os topónimos orixinados polos aproveitamentos do monte como terreo de cultivo ( A Cachada , A Vesada etc.). Hai máis de dous séculos e medio, no ano 1752, aparecían catalo- gados no Catastro de Ensenada como terreos de monte común en Bem- brive os topónimos: «A Bouzafría», «san ciprian», «parrocha», «mou- relle», «avileiral», «la piedra», «a espiñeira», «monte valdío da fraga», «a chan», «a baladiña», «paio», «a leira», «pedrosa», «pedra de sal», «painsas», «o rapadouro», «viveiro», «a cavalaria», «a fervenza», «as barallas» ou «a riveira». Algúns deles seguen nomeando a mesma reali- dade hoxe en día e outros non, e incluso algúns, como os tres últimos, xa nin sequera son coñecidos. Monte Alto, O Do latín monte ( mons , montis ). Hai en Galicia máis de trescentos lu- gares que teñen o vocábulo monte na súa denominación, ben en solita- rio ( O Monte , Arcos, Ponteareas; O Monte , Ribadelouro, Tui), forman- do parte dun nome composto ( O Monte Real , As Eiras, O Rosal; Quintá do Monte , Pradeda, Lugo) ou nas súas formas derivadas ( Montecelo , Crecente, Pontevedra; O Monteiro , Cervás, A Coruña). Situado en Xestoso, é o monte situado por riba do Pouso, de onde baixa o regueiro da Regueiriña e o rego de Pontecela. Foi arrasado polo trazado da Autoestrada do Atlántico, xa que o cume correspondía ao punto onde na actualidade temos o desdobramento do ramal que vai

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==