Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 124 O MONTE E O SEU APROVEITAMENTO O vocábulo monte fai referencia a unha elevación importante do te- rreo, pero tamén se emprega para nomear os terreos cubertos de vexe- tación espontánea como toxos, fentos, silvas, arbustos etc., que pode estar ou non poboado de árbores. O monte é unha peza clave no sistema agrario tradicional galego. Recóllese o estrume (toxos, carqueixas, fentos, herba etc.) co que se es- tra a corte para, xunto cos excrementos dos animais, formar o esterco. O monte era empregado tamén para levar a pastar o gando 37 , para recoller froitos, combustible (como as carrascas, garabullos e logo a pluma dos piñeiros), para obter madeira para múltiples construcións ou para abastecerse de plantas medicinais. Xunto a isto, o monte represen- ta ademais unha riqueza en termos de «terras de reserva», empregadas para cultivar nas épocas en que a presión demográfica era tan forte que non chegaban as terras de cultivo habituais para garantir a mantenza de toda a poboación. Este aproveitamento truncado de xeito importante polo «Plan Na- cional de Repoblación Forestal» de mediados do século xix agravaríase no século xx , os incendios forestais comezan a ser un problema para os recursos forestais» (ibídem). Este proceso de expulsión dos usos tra- dicionais do monte en favor do monocultivo forestal, en Bembrive 38 . Este intensivo aproveitamento obrigou a ter que nomear tamén o monte e todos os seus recunchos. Porén, o abandono do seu uso fai que na actualidade se conserven moi poucos destes topónimos. En xeral, tan só os que indican a pertenza do monte a un determinado núcleo de poboación ( O Monte do San Cibrán , O Monte da Pedrosa etc.) 39 ou 37 Na fala, as persoas de máis idade adoitan empregar a forma gado. 38 Na memoria da veciñanza de maior idade está claro o recordo de como o inicio das plantacións máis recentes, iniciadas aquí pola Entidade Menor, supuxeron o final dos aproveitamentos que ata ese momento ían facendo do monte. Unha memoria contrastable con documentos, como o acordo da sesión da Entidade do 08/06/1950 que decidía o seguinte: “Acórdase prohibir o pastoreo a toda clase de gando e o aproveitamento do esquilmo en toda parcela que fose sementada hai menos de tres anos” (traducido do castelán). 39 Nestes casos claramente monte non ten un sentido orográfico, senón que se refire á parte de monte, entendido como terreo poboado de mato, en ocasións arborado, que se considera que pertence a ese barrio.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==