Toponimia do Val do Fragoso

123 A Terra Vistas dende o alto do camiño de Miraflores Miragaia, A O verbo mirar procede do latín mirari ‘admirar’, aínda que co paso do tempo tomou o significado de ‘fixar a vista de maneira intencionada en algo ou nalguén’. Na zona de Vigo emprégase tamén como sinó- nimo de ver ‘percibir algo polos ollos’, fenómeno do que temos cons- tancia xa nas cantigas de Martín Códax (mediados do século xiii – xiv ), onde se aprecia o emprego de ver e mirar como sinónimos perfectos. A forma mira – é un substantivo relacionado co verbo mirar , posiblemente equivalente a vista e – gaia ‘alegre’ é un provenzalismo emparentado co verbo latino gaudio ‘gozar, alegrarse’. Aplícase este nome a lugares que gozan de boas vistas. Desde A Miragaia, pequeno núcleo habitado do San Cibrán, pódese contemplar gran parte do barrio e o val sobre o río do mesmo nome. O Camiño da Miragaia sobe á Miragaia dende a rúa do San Cibrán, a escasos metros máis adiante da confluencia do camiño da Bouzafría coa estrada principal do barrio.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==