Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 122 Río de Moledo ou Río da Cova, e o fermoso val que debuxa entre as parroquias de Bembrive e Beade. Aparece xa «A Maravilla» no Ca- tastro de Ensenada como propiedade de Balthasara Alonso, veciña de Baruxáns, e no Libro de afanegados coa categoría de coutada, polo que sabemos que este foi no seu momento un terreo gañado ao monte. Non podemos esquecer ademais, que por riba dela temos A Coutada e máis arriba A Cavada. Miraflores Forma composta do termo mira– , combinado neste caso co plural do vocábulo flor, derivado igualmente do latín ( flore ). Flor é un cul- tismo, en que o grupo consonántico – fl – non sufriu a palatalización que nas voces patrimoniais derivou na africada – ch –, como ocorreu en chorima . Núcleo de vivendas do barrio de Segade situadas no final da rúa chamada subida a Miraflores, chegando xa á Viña Grande. Dise que en Miraflores había un señor a quen había que pagar en tributo de colleita e que tiña unha casa con capela. Tamén que aquí había un tesouro. Estes ditos quizais se refiran á presenza a mediados do século xviii en Miraflores de don Gabriel de Castro, un dos principais propietarios da parroquia naquel momento e o único, xunto a D. Manuel Antonio Zea, que mereceu no Catastro de Ensenada o tratamento de «don». Dende Mandín sobe O Camiño de Miraflores que conduce a esta localidade, agora tamén se chama Subida a Miraflores .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==