Toponimia do Val do Fragoso

121 A Terra sultamos un documento de venda do ano 1619 en que aparece xa o to- pónimo: «de una heredad y campo llamado do Redondo» e que contén ademais o nome doutras propiedades vendidas: «heredad da Centeyra, campo da Cabadiña, A Fonte de Santiago de Bembrive» (AH 3/1312 A). Aos pés do Alto da Torre, pola cara de poñente, baixaba O Camiño do Redondo ou O Camiño Fondo, como tamén se coñecía. Ademais de dar acceso ao Redondo, o camiño tiña un ramal cara ao Cacheno, outro cara á Buraca e Os Campos da Viña e finalmente, seguindo de fronte, íase a Fionde. Na actualidade, o que era o primeiro tramo deste camiño está asfaltado e ten o nome de "Camiño do Toutizo" posto que leva ata el. As prolongacións que mencionamos anteriormente perdé- ronse coa construción da Avenida de Madrid. Outros topónimos con estes vocábulos son O Roupeiro Redondo nomea un dos campos situados dentro do (–>) Roupeiro, onde na ac- tualidade hai unha casa alta construída. No Monte Redondo (Segade) está situado o campo de fútbol do co- lexio Rosalía de Castro e a súa contorna. Coñecido tamén como O Redondín , forma probablemente recente debida á influencia do caste- lán, quizais para diferencialo doutro Redondo homónimo. A veciñanza lembra como a escola foi construída no que era unha gran costa, pero xusto no punto onde se sitúa o campo de fútbol era unha chá. AS VISTAS Marabilla, A Do latín mirabilia ‘cousas admirables’, forma neutra plural de mirabilis ‘que se pode admirar’. Coñécese tamén como marabilla ou maravalla (xunto a outros nomes como flor de todo o ano ) a Calendula officinalis e C. arvensis , plantas herbáceas da familia das compostas, con flores de cor entre amarela e laranxa, que adoitan cultivarse como ornamentais, pero que teñen moitos usos medicinais. En Baruxáns, este topónimo designa o terreo e a casa que temos á man esquerda subindo polo camiño da Castiñeira, no punto exacto onde este parte da rúa do Cacheno. A Marabilla está situada nun alto dende o que se domina especialmente o curso do río de Eifonso, aquí

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==