Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 120 Localiza un terreo aos pés do lugar de Filomena a Camiñada, pro- pietaria tamén destas leiras. Se dende O Cristo do Cacheno tomamos, deixando a fonte á man dereita, o sendeiro de pé que vai cara á Raposa, O Rabelo son os campos que temos á man esquerda, ata a curva da es- trada, onde agora hai un parque infantil. Se o vemos en planta, o terreo ten unha forma triangular, que podería lembrar o debuxo esquemático dun rabo, malia que non podemos esquecer que as formas das propie- dades actuais poden non ser iguais que cando motivaron o topónimo, a menos que estean fortemente condicionadas pola orografía. O Rabelo aparece como topónimo no Catastro de Ensenda , así como tamén «el Ravelo de Abajo» e «el Ravelo de Arriba» ou «Cocho do Rabelo» no Libro de afanegados . En todos os casos parece coincidir co que coñe- cemos na actualidade, posto que aparece relacionado con propiedades en Xeme, Xesteira etc. Redondo, O Do adxectivo latino rotundu , derivado de rota ‘roda’, procede o galego redondo . Na toponimia, a súa aplicación máis evidente é a de se referir a un terreo de forma máis ou menos circular. Aínda que cando falamos do redondo ou a redonda tamén nos podemos referir á zona máis ou menos delimitada arredor dun lugar considerado como núcleo. Saíndo en dirección ao Porriño pola avenida de Madrid, uns cen metros despois de pasar as instalacións de Fenosa, atopámonos nos Redondos (Baruxáns), que abranguen parte dos terreos que quedan na marxe esquerda, pero fundamentalmente o propio terreo ocupado pola avenida. As modificacións que sufriu este lugar non permiten deter- minar se a forma do terreo foi a que motivou o topónimo ou se facía referencia ao espazo situado ao redor doutro considerado central. Nes- te caso, probablemente se tratase do redondo da Torre, que é o nome do pequeno outeiriño ao pé do cal se atopa O Redondo. Aparecen xa no Catastro de Ensenada referencias ao Redondo (neste caso sempre en singular, aínda que na actualidade é máis empregado o plural Os Redondos), en xeral ligadas ás propiedades no Lameiro, unha delas en Segade e un «campo Redondo» propiedade dun veciño de Xeme, do cal descoñecemos a situación. No Inventario de Fondos Históricos de la 1ª Sección del Archivo Gral. Del Excmo. Ayuntamiento de Vigo con-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==