Toponimia do Val do Fragoso

119 A Terra terreo con casa situado en segundo termo por debaixo da rúa do Carba- llal e por riba dos Campos de Rial. Uns corenta metros ao sur, deixando unha casa no medio, temos o primeiro tramo do camiño da Pedrosa. Pequeno, O De tamaño reducido. De orixe preromana, a partir dunha raíz * pek –, * pik –. Pequeno é tamén un apelido típico da zona das Rías Baixas, aín- da que aparece sobre todo baixo a forma castelanizada Pequeño , como ocorre en Bembrive hoxe en día. Campo situado subindo cara ao Cacheno á man dereita, uns dous- centos metros despois de ter deixado a Ponte de Moledo e xusto ao pasar O Cocho. Aínda que en relación co tamaño medio das propie- dades da zona esta non se podería cualificar na actualidade de pe- quena, quizais era no seu momento o campo máis pequeno dos que dispuña unha familia. Atopamos no Catastro de Ensenada tres «campo Pequeno», propiedade de veciños de Baruxáns, polo que se poderían corresponder ao Pequeno actual. Nese caso, o que era o adxectivo que modificaba ao substantivo «campo» acabou adquirindo valor nominal e quedou como único integrante do topónimo. Rabada, A Os derivados de rabo que actúan como topónimos adoitan nomear, por similitude, terreos longos e estreitos. Procede do latín rapu ‘nabo’. A semellanza entre este tubérculo e o apéndice caudal de certos animais é o que fixo que a este último se lle aplicase o nome de rabo . A rabada deriva de rabo mediante o sufixo – ada . Cando o topónimo nomea un terreo situado na beira dun río, como é o caso, podería tratarse dunha variante de Ribada ( cf. Rabadeira/Ribadeira) e ese derivado de Riba (lat. R ipa ‘ribeira’). Campo longo e estreito encaixado entre o río de Abalde e a levada dos Muíños do Muxo. Rabelo, O Outro diminutivo de rabo co sufixo – elo (<lat. – ellu ) é rabelo , polo que o étimo latino sería rapellu .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==